EXCURSIÓN POLA RÍA DE AROUSA PARA A VECIÑANZA
8 DE XUÑO! Inscríbete xa
Despois do éxito da primeira excursión para veciñas e veciños a Valença de Miño organizada polo Concello de Forcarei despois da pandemia polo covid-19, o goberno de Verónica Pichel xa ten preparada a seguinte viaxe, nesta ocasión á Ría de Arousa.
Será o mércores 8 de xuño. Sairemos ás 9.00 horas de Forcarei (Centro Social) e ás 9.20 horas de Soutelo (Praza do Gaiteiro) en dirección á Illa da Toxa e o Grove. Alí subiremos a un barco para dar un paseo pola Ría de Arousa e coñecer o cultivo da ostra e do mexillón. Haberá tamén a bordo unha degustación de mexillóns e viño xoven.
Despois, almorzaremos nun restaurante da zona (con entrante de marisco, arroz á mariñeira , carne asada...) e visitaremos varias localizacións da Illa de Arousa e Cambados.
1