Calendario do contribuínte para o exercicio 2017
De conformidade co previsto no art,12 do Texto Refundido da Lei Reguladora das acendas Locais, en relación co artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e os artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xul1o de 2005 (Real Decreto 939/2005) comunícaselles aos contribuíntes afectados o seguinte calendario:
Deberase ter en conta a data límite de ingreso para cada tributo no horario de caixa de cada entidade bancaria colaboradora (art,19,3 do Regulamento Xeral de Recadación). O Imposto deberá satisfacerse, consonte ca artigo 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán aos domicilios dos contribuintes, a través das entidades bancarias seguintes:
- ABANCA
- BANCO SANTANDER
- BANCO SABADELL GALLEGO
- BANCO PASTOR
Os contribuintes que non recibiran nos seus domicilios os instrumentos de ingreso, poderán solicitalos ata a data de finalización do período voluntario de cada tributo nas Oficinas Xerais do Concello, no seguinte horario:
- Luns de 8:00 ata 15 horas e de 16:30 a 19 horas
- Martes, mércores, xoves e venres de 8:00 a 15:00 horas
Posto que a non recepción do recibo non exonera da abriga do pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.
o presente anuncio que ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción do recargo correspondente e demais conceptos esixibles, tal e como se fixa nos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e 69 e seguintes do RD 939/2005 de 29 de xullo que aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Aconsellámoslle que, para a súa comodidade, domicilie o pagamento dos seus tributos en calquera entidade bancaria. Para elo bastará con que cubra o impreso de domiciliación que se lle facilitará nas Oficinas Xerais do Concello e na paxina web do mesmo.
IMPOSTO VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM)
- Data de comezo do período voluntario:……………... 3 de abril de 2017
- Data de finalización do período voluntario:………… 2 de xuño de 2017
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:...… 2 de xuño de 2017
TASAS MUNICIPAIS (auga, lixo, sumidoiros, entrada carruaxes, beirado, cemiterio, ocupación beirarrúa, recoñecemento de vehículos)
- Data de comezo do período voluntario:……………... 1 de xuño de 2017
- Data de finalización do período voluntario:………... 31 de xullo de 2017
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:….. 31 de xullo de 2017
IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI Urbana e IBI Rústica)
- Data de comezo do período voluntario:……………..... 1 de agosto de 2017
- Data de finalización do período voluntario:………… 2 de outubro de 2017
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados:…... 2 de outubro de 2017
IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE)
- Data de comezo do período voluntario:…………….... 1 de setembro de 2017
- Data de finalización do período voluntario:……….… 6 de novembro de 2017
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados......... 6 de novembro de 2017
Exposición pública do padrón municipal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ao exercicio 2017 e cobranza do periodo en voluntaria
1