O Castro de As Rodeiras de Garellas


O Castro de As Rodeiras de Garellas


Os castros foron aldeas fortificadas. Adoitaban estar situados en outeiros ou lugares singulares, así podían ver quen se achegaba e dominaban ríos e camiños.

Os castros estaban protexidos por unha ou varias liñas de muros, parapetos e foxos. Ao Castro entrábase, cando menos, por unha porta (como a atopada hai pouco nas Rodeiras). Ao carón da porta ás veces había estatuas de pedra.

As vivendas adoitaban ser circulares pero tamén hai moitos exemplos con forma rectangular e oblonga. N un principio as paredes estaban construí das con zócalos de pedra e palla barro e posteriormente por cachotes. Os teitos facíanse cunha estrutura de madeira e palla de cereal.
Estas casas tiñan fornos, muíños, pías para os anima is ... O chan normalmente era de terra.

As xentes dos castros bebían auga, cervexa, leite ... e comían cereais, carne, peixe, incluso marisco se estaban achegados ao mar. lsto sábese polos restos de ósos, espiñas e cunchas que atopan os arqueólogos/as nos chamados cuncheiros.

Vestían roupas de pel e tecido que elas e eles mesmos confeccionaban. Usaban saias, pantalóns, capas e mantos. Algúns afeitábanse con alfaias de ouro!!. Hoxe en día podemos ver obxectos marabillosos da cultura castrexa nos nosos museos.

Dominaban a metalurxia perfectamente e facían ferramentas e obxectos de uso diario como coitelos, anzois, fouciños, cuneas, fibelas para as roupas, pesos para as redes ... Os guerreiros castrexos tiñan espadas, machados e lanzas que fabricaban con bronce ou ferro, e pequenos escudos redondos.

O traballo de cantería era moi bo xa que levantaban muros e portas enormes, casas, muíños e incluso tallaban cabezas humanas e de animais, guerreiros enormes, adornos con forma de espiral, de trisque! ou xeométricos para as casas.

En cerámica creaban cuneas, vasillas, potiños e olas, ás veces, con decoracións sorprendentes. Tamén construían obxectos de todo tipo en madeira. Facían os muíños con dúas pedras, unha máis ben plana onde se esmagaba o grao coa outra pedra que tiña forma de rolo.

As xentes que habitaban nos castros relacionábanse e comerciaban entre elas e con outros pobos como os fenicios ou os romanos.


CLAVE DE IDENTIFICACION: GA36018007


LOCALIZACION:

Provincia: Pontevedra. Concello: Forcarei.Parroquia: Millerada (San Mamede).Lugar: Garellas
Altitude: 655 m.s.n.m.

DESCRICIÓN:

Poboado fortificado da ldade do Ferro situado no cumio dun pequeno outeiro, que domina a aldea de Garellas dende o leste.
O xacemento componse dun recinto principal ou croa de forma oval coa entrada principal ao SL. Esta, ábrese a un pequeno antecastro. Un foxo duns 6 m. de anchura defende o sector leste e norte da croa. Este sistema defensivo compleméntase coa presenza de fortes terrapléns todo arredor do recinto principal, que acadan a súa maior altura no sector oeste. Ao leste apréciase un terraplén de 12,5 m. e un parapeto de 4 m.

DIMENSIÓNS:

Eixo maior (N-5) 85 m. Eixo menor (L-O) 65 m.

DESTRUCIÓNS:

Aínda que o xacemento se atopa aparentemente en bo estado, dé bese resaltar que nos anos 90 do século XX se apreciaban remocións na croa resultado de escavacións furtivas. Asemade, recentemente tivo alí un campo de fútbol.

FOLCLORE:

- Cóntase que ten un túnel que vai ata o castro de Sanguñedo.
- Disque ás veces aparece unha galiña que leva uns pitos de ouro que desaparecen ao intentar collelos.
- Tamén se di cía que vivían alí mauros e que marcharon á guerra e algúns quedaron alí escondidos.
- Outra lenda di que na gabia que rodea o castro hai tres vigas, unha de ouro, outra de prata e outra de "alcatrán".

A ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA

Por primeira vez fíxose unha escavación arqueolóxica no castro das Rodeiras - castro de Garellas no mes de novembro de 2020. Durante os 10 días que duraron os traballos de escavación, abríronse 4 sondaxes: 3 no recinto superior ou croa e 1 na entrada, no sistema defensivo do antecastro (terreo anexo ao castro, disposto a xeito de socalce e con forma semicircular).

Descubrimos un burato moi grande escavado no substrato que contiña fragmentos de cerámica dun forno.

Descubriuse tamén un potiño de cerámica que ata agora nunca se atopara un igual, cunha decoración con bandas verticais estriadas e liñas horizontais, así como outros.

O castro non deixou de sorprendernos e o derradeiro día de traballos localizamos unha moa dun muíño para moer cereal.

Por último, descubrimos os restos de pedra que formaban parte da porta de entrada do castro, á que se accedía por un has escaleiras.
Grazas a este traballo podemos saber con certeza que fai uns 2.200 anos había nenas e nenos coma vós, xogando no que logo se chamou o castro das Rodeira ou de Garellas. O que non sabemos é como lle chamaban elas e eles ...

 



Ver documento en PdfVer documento en pdf.


 



O Castro de As Rodeiras de Garellas






 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +