Parroquia Santa Mariña de Presqueiras
Pobos: Alfonsín, Devesa de Baixo, Devesa de Riba, Penalva, Fontegrande, Regotraveso e Cernadelo (Casal) e Ratel. Entre os séus motes destaca o Outeiro do Coto con 1014 m.
Nesta parroquia áchanse as insculturas do Outeiro das Cruces e da Laxe das Buratas, que nunha superficie de sete metros alberga unha composición formada por dezaoito signos cruciformes de diversos tamaños.
A igrexa parroquial foi obra de Manuel Fraiz Garrido, crego e canteiro do pasado século, agás a sacristía, que foi realizada polo canteiro Andrés Couceiro, de Cotobade, artífice tamén do templo de San Miguel.
É de nave única con teito a dúas augas e fachada con lintel e fórnice, da que sobresae, xa no primeiro corpo, unha lanzal torre do campanario que posúe outros tres corpos en altura, cadrangular os dous primeiros e hexagonal o terceiro, todos con arcos peraltados, e rematando en cupuliño e pináculo. Ofrece unha imaxe de esvelteza que non se repite en ninguna das outras igrexas do concello.
No monte Seixo atópanse mámoas, petroglifos, o «ara solis» de A Cruz do Seixo, Portalén ou a Porta do Outro Mundo ( conxunto de pedras que, segundo a tradición, fai de barreira entre o mundo dos vivos e o dos mortos), Pedrafita do Marco do Vento(Un dos maiores menhires de toda Galicia con seis metros de altura) ou a neveira de Cimadevila, entre outros.
1