Punto Limpo
Teléfono: 986 75 52 19.
Polígono Industrial en Cachafeiro
O Punto Limpo ten o seguinte horario de apertura:
Sábado | 10:00 h. a 13:00 h 16:00 h. a 19:00 h |
O Concello de Forcarei ofrece ós seus veciños, ademais, un servizo de recollida domiciliaria de residuos destinados ó punto limpo.
Para esta recollida a domicilio de lixo voluminoso sen necesidade de que o acheguen eles, os veciños teñen que chamar ó teléfono 986 75 50 36 ou ben ó 986 75 54 32, dando os seguintes datos:
- Nome , enderezo e teléfono
- Tipo de residuo para recoller
- Cantidade
Obxectivos dos Puntos Limpos
Créanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa precisa unha xestión específica, polo seu tamaño –residuos voluminosos– ou a súa composición –pilas, disolventes e outros materiais–
Os obxectivos principias destas instalacións son:
- Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, como o papel, vidro, metais, etc.
- Evitar o vertido incontrolado de entullos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
- Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc
O punto limpo de Forcarei está situado no Polígono Industrial da Freixeira (Cachafeiro).
O punto limpo é un recinto de recollida e xestión de residuos producidos no ámbito domiciliario. (Para os residuos producidos no ámbito industrial, a Xunta conta cos Centros Verdes).
Iglú verde:vidro ( tarros, frascos, botellas ) | |
Iglú azul:papel e cartón. ( caixas cereais, galletas, xornais, revistas, ...) | |
Iglú amarelo: envases metálicos ( latas de conservas, de refrescos ...), de plástico ( deterxente, auga, ...), brik ( zume, leite, ...) |
Residuos admisibles no Punto Limpo:
- Vidro (iglú)
- Papel (iglú)
- Cartón (iglú)
- Bricks, latas, envases.
- Madeira.
- Metais: aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable, etc..
- Plásticos.
- Téxtil limpo
Voluminosos
- Electrodomésticos
- Enseres, mobles, colchóns, somieres, caixas portas e marcos, etc..
- Entullos inertes de obra.
Tóxicos e perigosos
- Aceites vexetais de cociña e minerais dos coches.
- Baterías de automóbil.
- Disolventes.
- Pilas.
- Sprays / aerosois
- Radiografías
- Tubos fluorescentes.
- Pinturas e disolventes
Residuos non admisibles:
- Materiais sen clasificar
- Materia orgánica.
- Zapatos e roupa sucia
- Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou citolóxicos.
- Residuos radioactivos (Pararraios...)
- Residuos industriais de grandes e medianas empresas.
- Residuos agrícolas ou gandeiros.
- Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
- Productos procedentes de decomisados
- Calquera outro residuo que non sexa facilmente identificable e clasificable na categoría de admisible.
1