Residencia da Terceira Idade
Debido ó crecente envellecemento da poboación, fenómeno que se ven producindo tanto a nivel municipal como a nivel estatal, o Concello de Forcarei veuse na necesidade de aumentar os servizos prestados a este sector da poboación.
Dentro dos cales inclúese a creación dun Centro da Terceira Idade, gracias ó proxecto levado a cabo por a Fundación San Rosendo.
Esta Fundación adícase a construir Residencias e Centros Asistenciais nos núcleos rurais; estas instalacións integranse dentro do pobo de Forcarei para que os usuarios poidan seguir participando nas actividades culturais, relixiosas, sociais ou festivas da súa localidade, o que lle permite seguir en contacto co seu entorno, familia ou amistades.
Esta iniciativa contribúe a impulsar as zonas rurais, posto que supón unha bolsa de traballo para a xente en idade activa, evitando movementos migratorios cara as cidades, a par que cubre as necesidades asistenciais dos nosos maiores.
A Residencia, leva en funcionamento desde o 2010 onde os veciños de Forcarei teñen os seguintes servizos, ofertados por esta Fundación sen ánimo de lucro:
- Apartamentos tutelados: un total de 14 apartamentos de 45 m2 cada un, ubicados 8 na ala esquerda do edificio e 6 na ala dereita. Estos apartamentos están situados na 1ª pranta e contan con vestíbulo, salón, cociña, 2 dormitorios e 1 baño.
- Residencia da Terceira Idade: ubicada na segunda pranta do edificio, conta con unha superficie de 2040,91 m2. Na parte esquerda da mesma conta con 29 habitacións dobres e 4 individuais (capacidade para 62 persoas) con servizos hixiénicos completos en cada habitación e 2 baños xeriátricos.
- Centro de día: con capacidade para 12 persoas, ubicado na pranta baixa. No entresuelo sitúanse os Servizos Xenerais, os cales inclúen: sala de rehabilitación, mortuorio, velatorio, lavandería e diversos almacéns.
1