Categoría: Ocio

TARDES DE LECER 2022-2023. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 12 DE SETEMBRO

TARDES DE LECER 2022-2023. ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 12 DE SETEMBRO


- O Concello de Forcarei impulsa actividades para nen@s en Soutelo e Forcarei para axudar ás familias coa conciliación

O Concello de Forcarei abre o prazo para que as familias poidan facer a matrícula nas ‘Tardes de Lecer’, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade, que busca axudar ás nais e pais da localidade a conciliar a vida laboral e familiar.

As ‘Tardes de Lecer’ estarán dispoñibles os luns e mércores en Forcarei (no Centro Social) e os martes e xoves en en Soutelo de Montes (no vestíbulo do auditorio)

As nenas e nenos poderán gozar de numerosos obradoiros e xogos sobre cociña, creatividade, teatro..., e levaranse a cabo accións ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

As familias interesadas neste servizo poderán cubrir o formulario nas oficinas do Concello. Terán que entregar tamén fotocopias de DNI, libro de familia ou documento que acredite a situación familiar, título de familia numerosa se é o caso, xustificante de ocupación laboral e documentación que acredite a mobilidade ao posto de traballo ou a non posibilidade de teletraballo.

As familias que xa participaron no campamento de verán ou en anteriores edicións de Tardes de Lecer, non terán que presentar toda esta documentación adicional, só a solicitude de inscripción.

Para a adxudicación das prazas terán prioridade @s empadroad@s e terase en conta a situación familiar das nenas e nenos: número de membros da unidade familiar, se as nais e pais traballan, etc.


Formulario de Inscripción



CAMPAMENTO DE VERÁN 2022 DO CONCELLO DE FORCAREI

CAMPAMENTO DE VERÁN 2022 DO CONCELLO DE FORCAREI


CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE FORCAREI

INSCRÍBETE DO 20 AO 27 DE XUÑO NO CONCELLO!

  • Para nen@s de 3 a 12 anos (nacid@s entre 2010 e 2018)
  • En Soutelo (auditorio) e Forcarei (centro social)
  • Do 1 de xullo ao 7 de setembro
  • De luns a venres pola mañá, de 9.00 a 14.00 horas
  • Prazas limitadas

Máis info: 986 75 50 36




Ficha de Inscrición




EXCURSIÓN POLA RÍA DE AROUSA PARA A VECIÑANZA

EXCURSIÓN POLA RÍA DE AROUSA PARA A VECIÑANZA


8 DE XUÑO! Inscríbete xa

Despois do éxito da primeira excursión para veciñas e veciños a Valença de Miño organizada polo Concello de Forcarei despois da pandemia polo covid-19, o goberno de Verónica Pichel xa ten preparada a seguinte viaxe, nesta ocasión á Ría de Arousa.

Será o mércores 8 de xuño. Sairemos ás 9.00 horas de Forcarei (Centro Social) e ás 9.20 horas de Soutelo (Praza do Gaiteiro) en dirección á Illa da Toxa e o Grove. Alí subiremos a un barco para dar un paseo pola Ría de Arousa e coñecer o cultivo da ostra e do mexillón. Haberá tamén a bordo unha degustación de mexillóns e viño xoven.

Despois, almorzaremos nun restaurante da zona (con entrante de marisco, arroz á mariñeira , carne asada...) e visitaremos varias localizacións da Illa de Arousa e Cambados.

O prezo por persoa é de 40€ e inclúe o autocar, guía acompañante, cruceiro pola Ría de Arousa con degustación de mexillóns e viño, almorzo (con entrante de marisco, arroz á mariñeira , carne asada...) e seguro de asistencia de asistencia en viaxe.

Inscríbete!

As persoas interesadas en asistir a esta viaxe poden inscribirse no Concello de Forcarei antes do 3 de xuño, levando o xustificante de pago na conta de :

ABANCA: ES89 2080 5061 4230 4001 4070, coa referencia REF LOC G7194839 EXCURSION RIA DE AROUSA



1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI

1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI


Elaboradas as bases que establecen o baremo de admisión que deberá rexir para o "1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI”, as que figuran no expediente tramitado ao efecto, e aprobadas por resolución da Alcaldía nº 381/2020,de data 29/05/2020, procede establecer o periodo de inscripción para a antedita actividade.
Visto que a competencia para a resolución do presente expediente está atribuída á Alcaldía

 
RESOLVO:
Primeiro.- Establecer como periodo de tempo para a inscrición no "1º CAMPAMENTO URBANO CONCELLO DE FORCAREI”, as datas comprendidas entre o 15 de xuño e o 23 de xuño de 2020.

Segundo.- As personas que presentaron no Concello a pre-inscrición para a dita actividade, considerase xa presentada a solicitude en prazo.

Terceiro.- Facer públicas as anteditas datas, mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e na sede electrónica do mesmo.

Cuarto.- A relación de admitidos e excluídos faráse pública no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e na sede electrónica do mesmo o xoves, día 25 de xuño de 2020.



Feliz Nadal 2018

Feliz Nadal 2018


Nadal 2018-2019, actividades para a familia e os nen@s

XOVES 27 DE DECEMBRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Forcarei.

XOVES 3 DE  XANEIRO
 HINCHABLES, no Polideportivo de Soutelo

VENRES 5 DE XANEIRO
CABALGATA DE REIS, con Chocolatada e Rosca
e a Actuación da Banda de Gaitas de Forcarei!!

Programa



EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA

EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A RIBEIRA SACRA - OS CAÑÓNS DO SIL

Ruta en Catamarán por os Cañóns do Sil
Visitas o Castelo de Castro Caldelas,
o Mosteiro de Santo Estevo, e
a San Pedro de Rocas.


DIA MÉRCORES 27 DE XUÑO


SAIDA:

8:30H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

8:45H PRAZA DO GAITEIRO DO SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 22 DE XUÑO (VENRES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑ@S EMPADROAD@S NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 20 EUROS/XANTAR INCLUÍDO.


Cartel



PROGRAMA CULTURAL; MAIO 2018

PROGRAMA CULTURAL; MAIO 2018


Venres 4 de Maio as 20:30h

"Leonardo e os fontaneiros”, a cargo de Ubú Teatro. Esta obra enmárcase no programa "María Victoria Moreno, A Escena!”, impulsado pola Deputación de Pontevedra no marco das Letras Galegas 2018.

Entrada libre ata completar o aforo.


Sábado 5 de Maio as 20:30h

Certame de música tradicional, adicado a Adelino Pichel.
Actuarán o grupo local de pandereteiras "Lus de Keikoa”, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, o grupo de baile A Ponte Vella de Teo e a Banda de Gaitas de Forcarei.

Entrada libre ata completar o aforo.


Venres 11 de Maio as 20:30h

Teatro "Os fabulosos cleaners” a cargo da compañía Malasombra Producións, que presentará esta comedia de 55 minutos de duración pensada para todos os públicos.
A actuación está protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García e dirixida conxuntamente entre o estradense e Marcos Orsi.

Entrada libre ata completar o aforo.



ENTROIDO 2018

ENTROIDO 2018



O Sabado 10 de Febreiro.
Festa/Concurso de disfraces. Con 670€ en premios.



Categoría
  • Infantil
Catro categorías con 4 premios por categoría. 16 premios en total!!

  • Adultos. 1º, 2º e 3º premio ó mellor disfraz

No Centro Social de Forcarei a partir das 18:00h



REPRESENTACIÓN DE TEATRO. TEIMAS.

REPRESENTACIÓN DE TEATRO. TEIMAS.


VOLVEN as risas con TEIMAS,


Será o vindeiro 9 de febreiro ás 21h no

AUDITORIO DE SOUTELO DE MONTES, en FORCAREI.

Cartel


Máis información



NADAL 2017

NADAL 2017


Actividades para o Nadal 2017-2018, con actividades para a familia e os nen@s

VENRES 15 DE DECEMBRO
Acendido da iluminación

SÁBADO 23 DE DECEMBRO
CINE, no Salón de Actos do Concello,: 18:00h

"NO SE ACEPTAN DEVOLUCIONES”


MÉRCORES 27 DE DECEMBRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Soutelo

SÁBADO 30 DE DECEMBRO
CINE, no Auditorio de Soutelo de Montes, 18:00h
"SAVVA, CORAZÓN DE GUERRERO”

MÉRCORES 3 DE XANEIRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Forcarei.

VENRES 5 DE XANEIRO
CABALGATA DE REIS, con Chocolatada e Rosca



AQUI GALICIA 2017

AQUI GALICIA 2017


Este sábado pola tarde teremos o programa "Aquí Galicia", da TVG, en directo desde a Praza da Igrexa de Forcarei por mor da XXIV Festa da Richada!



Excursión a Barcelos (Portugal)

Excursión a Barcelos (Portugal)


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A BARCELOS (PORTUGAL)

· VISITA A FEIRA

· MUSEO DE OLAIRA (CERÁMICA)

· MUSEO ARQUEOLÓXICO


DIA XOVES 25 DE MAIO


SAIDA:

8:30H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

8:30H PRAZA DO GAITEIRO –SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 18 DE MAIO (XOVES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑO/AS EMPADROADAS NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 18 EUROS/XANTAR – QUE SE PAGARÁ DIRECTAMENTE NO RESTAURANTE INDICADO.


Cartel



Teatro infantil 2017. Pequena trapallada e algunha que outra batalla

Teatro infantil 2017. Pequena trapallada e algunha que outra batalla


O Auditorio de Soutelo de Montes acollerá o Sábado 15 de Abril á compañía de teatro A Tropa Trapalleira coa súa obra "Pequena trapallada e algunha que outra batalla". Este espectáculo familiar terá lugar as 18:00 horas e fará reflexionar ó público sobre o absurdo das guerra e as súas consecuencias.

Cartel



OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI. CRUZ ROJA DIRIXIDO A…

OBRADOIROS DE MEMORIA FORCAREI. CRUZ ROJA DIRIXIDO A…


Persoas maiores de 65 anos con ganas de manter e mellorar as súas funcións cognitivas (memoria, atención, etc)

LUGAR ,DATAS E HORARIO

  • FORCAREI no Centro Social
  • Os Martes de 10:30h a 11:30h
  • Dende o 28 de marzo ata o 30 de maio

PARA INSCRIPCIÓN OU MÁIS INFORMACIÖÓN:

  • Antes do 24 de marzo nas oficiñas Xerais do Concello de Forcarei
  • Praza da Igrexa nº1. C.P. 36550 Forcarei Tfno.: 986 75 50 36
Cartel../images/archivos%20pdf/ocio/cartel%20obradoiro%20memoria%20cruz%20roja%202017.pdf



DEPO AVENTURA A LANZADA 2017

 DEPO AVENTURA A LANZADA 2017


Campamentos de verán para menores de entre 8 e 13 anos (ambos inclusive) da provincia de Pontevedra.

Desenvolveranse entre os meses de Xuño e Setembro, de 7 días de duración.

SERVIZOS OFERTADOS:

  • Programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e convivencia.
  • Aloxamento en tendas de campaña no campamento xuvenil.
  • A manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, actividades náuticas e lingua inglesa.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

DOCUMENTACIÓN:

  1. Solicitude en modelo normalizado.
  2. Fotocopia do DNI ou NIE do menor ou fotocopia do libro de familia.
  3. Fotocopia do DNI ou NIE do pai, nai ou da persoa titora.
  4. Certificado de empadroamento.
  5. Cuestionario de saúde e autonomía persoal.

O importe de pagamento é de 100€ por menor. No caso de familias numerosas é de 80€ por menor.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 29 DE MARZO DE 2017.

Cartel




 

Nº de resultados:
36
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +