Categoría: Bolsa de Emprego

Bolsa de Emprego


BOLSA DE EMPREGO


·Que é?


A través da Bolsa de Emprego créase unha base de datos de demandantes e ofertantes de emprego do Concello de Forcarei. Ofértase como un servizo gratuíto no cal o departamento de emprego do Concello actúa como mediador entre a oferta e a demanda de emprego.

·Como funciona?


Unha vez que se recibe a oferta de emprego, dende o departamento realízase un estudo dos demandantes incluídos na Bolsa e selecciónanse @s candidat@s apt@s para a oferta. Dende o departamento de emprego comunícaselle @s seleccionad@s a oferta e, no caso de que estean interesad@s, envíanse os seus currículos á empresa ofertante de emprego.



@s demandantes de emprego que desexeninscribirse na Bolsa de Emprego deben enviar o Formulario"Demandantes de Emprego”cuberto, xunto coa fotocopia do DNI, á seguinte dirección de correo electrónico: desenvolvementolocal@forcarei.net

As empresas que desexen participarna Bolsa de Emprego deben enviar o formulario"Empresas ofertantes de Emprego”cuberto á seguinte dirección de correo electrónico: desenvolvementolocal@forcarei.net



1. OFERTAS TRABALLO EN FORCAREI



 

 


  • "EMPRESA DE LIMPEZA SELECCIONA PERSOAL PARA REALIZACIÓN DE TAREFAS DE LIMPEZA NO POLÍGONO DE VILAPOUCA (FORCAREI)”. Persoas interesadas enviar currículum a desenvolvementolocal@forcarei. net

  • LÁCTEOS FILLOY selecciona conductor/a de camión con carné C para transporte e reparto de mercancía para dous/tres días á semana. Enviar currículum a desenvolvementolocal@forcarei.net

  • LÁCTEOS FILLOY-VAL DE FORCAREI selecciona conductor/a para transporte e recollida de leite en granxas. Imprescindible permiso de conducción C. Enviar currículum adesenvolvementolocal@forcarei.net



2. OFERTAS TRABALLO DE FÓRA DE FORCAREI


  •  -ELAXTIC COMFORT AND DREAMS S.L. selecciona persoal en Cerdedo para as seguintes funcións: cargar furgón, facer ruta de reparto de mercancía e funcións de mozo de almacén. Inicio inmediato. Non se require formación específica nin experiencia. Carné de conducir. Enviar cv a desenvolvementolocal@forcarei. net
  • Empresa de A Estrada selecciona persoal de OFICINA TÉCNICA PARA CONFECCIÓN DE PLANOS PARA PASAR A FABRICACIÓN. Requírense coñecementos de AUTOCAD E SOLID EDGE. Horario DE 6 A 14 HORAS. Incorporación inmediata. Enviar cv a desenvolvementolocal@forcarei.net




 

Nº de resultados:
3
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +