Categoría: Karting

Circuíto de Karting de A Madalena- Soutelo de Montes


Circuito de Karting da Madalena, Soutelo de Montes - Forcarei


 
 
 

O Circuíto de Karting da Madalena xorde como un proxecto que dá resposta a unha demanda de lecer que cada día está mais en auxe, ademais de supor un elemento revitalizador do concello de Forcarei.

Vemos que cada día mais moz@s , e non tan moz@s, se apuntan a un xeito de sentir e gozar do seu tempo de lecer relacionado co mundo do motor. É por isto polo que se fai preciso prestar uns servizos axeitados á práctica segura e sa deste deporte.

Desde o Concello trátase, sempre dentro da medida do posible, de satisfacer os anceios dos veciños pondo en marcha proxectos que poidan transformar estes desexos nunha realidade palpable. No caso deste Circuíto, levado a cabo mercé ó respaldo económico dado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra, tamén ten moita "parte de culpa" a xenerosidade amosada pola "Comunidade de Montes da Madanela", quen cedeu parte dos terreos sobre os cales se asenta. Sen esta aportación o proxecto do cricuíto quedaría so niso, "en proxecto", xa que un pode ter a intención e as ganas de facer cousas, pero sen medios e recursos non se poden acadar os fins.

Ben é certo que a afección polo motor neste concello ven de antigo, xa que no lugar de Soutelo de Montes relizouse durante moito tempo unha das probas do Campionato Galego de Karting nun trazado de carácter urbán, que impulsou a Escudería Soutelo Motor, e na cal corría Julio Iglesias, que obtivo resultados notables participando en categorias xuvenís.

O tempo deunos a razón en canto ós obxectivos que se pretendían acadar con esta iniciativa:

Por unha banda ofrecéselle á xente un lugar no que gozar do deporte do motor, tanto na modalidade de afeccionado coma na de profesional. Non en van este circuito está a formar parte do calendario do Campionato de Galicia de Karting, e xa só no pasado 2008 celebráronse nel 3 probas do devandito Campionato( 27 de Abril, 3 de Agosto e 29 de Setembro), ademais de ser sede dunha das probas da Challenge a Gas de Karting 2008 (27 de Abril), certame de ámbito nacional organizado pola empresa cántabra PTR- FERROSITE, que conta entre outros co patrocinio de REPSOL GAS.

Por outra banda tamén se dá un importante pulo dinamizador á zona, xa que este circuíto atrae ata o lugar a un número cada día maior de afeccionados dispostos a gozar non só da pista senón tamén da diversa oferta turística do concello: turismo rural, roteiros de sendeirismo, así coma da oferta turística dos Concellos e Comarcas limítrofes, pois a situación xeográfica estrátexica de Forcarei, converteu o concello no mellor emprazamento para o Kárting: a rede de infraestruturas viais e a proximidade ós principais núcleos demográficos é unha vantaxe do municipio: está conectado con Ourense, Lugo, a escasos kilómetros da capital, Pontevedra, limítrofe con Lalín e con moi boas estrada en dirección a Santiago. Ademais sitúase no centro da supracomarca Deza-Tabeirós-Terra de Montes.

Atopámonos ante un proxecto de gran utilidade e gran repercusión social e económica para Forcarei. O complexo suscitou o interese de máis dunha casa automobilística como escenario de presentación dos seus modelos. Tamén é apto para a impartición de cursos de "condución segura", así como todo tipo de ensinanza que as autoescolas queiran impartir, ademais das realizacións de competicións de moi diversa índole: é o caso de campionatos de Karting, de Fórmula 1, de Superbikes, de Granturismos, de Fórmula 3000, de motociclismo.

FICHA TÉCNICA DO CIRCUITO:

SITUACIÓN: MADANELA, SOUTELO DE MONTES- FORCAREI.
FECHA INAUGURACIÓN: 23 de SETEMBRO de 2007.
SUPERFICIE TOTAL: 81.703 m2 .
LONXITUDE DA PISTA: 1.300 m x 10 m.
SENTIDO DE XIRO: Horario.
EQUIPAMENTO: En execución.
COMO CHEGAR: Soutelo de Montes, a Madalena

Solicitude de Inscripción

Standard


 



Curso de Conducción SEGURA Abril 2019

Curso de Conducción SEGURA Abril 2019


FORCAREI ORGANIZA UN CURSO GRATUÍTO DE CONDUCIÓN SEGURA PARA OS VECIÑOS NO CIRCUÍTO DA MADALENA

O Concello de Forcarei vén de organizar un curso de condución segura destinado aos veciños empadroados do municipio co que se pretende mellorar as súas técnicas e habilidades ao volante. Esta actividade será gratuíta e desenvolverase o sábado 13 de abril, en dobre quenda de mañá e tarde, no Circuito A Madalena.

HORARIO: de mañan (09:00 a 13:30) ou de tarde (15:30 a 20:00) a elexir no momento da inscripción.

INSCRIPCIÓN: oficinas xerais do CONCELLO DE FORCAREI, presencial ou por teléfono.

PRAZO: ata o mércores 10 de abril.

12 ALUMNOS EN CADA QUENDA.

REQUISITOS:

  • · Maior de idade
  • · Permiso de conducción en vigor clase b ou superior
  • · Prioridade, empadroados/as no CONCELLO DE FORCAREI.

CONTIDOS DO CURSO: TEÓRICOS E PRÁCTICOS

        • Posición da conducción
        • Manexo do volante
        • Trazadas e traxectorias
        • Uso do freo e acelerador
        • Dinámica de pesos
        • Adherencia do neumático
        • Dinámica do vehículo: subviraxe e sobreviraxe
        • Sistema de seguridade activa e pasiva equipados en vehiculos actuais.

IMPARTE: PTC, PERFECIONAMIENTO Y TÉCNICAS DE CONDUCCIÓN

ORGANIZA: CONCELLO DE FORCAREI.

Cartel



Selección para a Dani Rivas Cup 2017, 16 de Xullo

Selección para a Dani Rivas Cup 2017, 16 de Xullo


O Circuíto da Madalena acollerá o 16 de xullo, as probas de selección da segunda edición da Dani Rivas Cup (DR Cup), que contarán coa participación de sesenta pilotos procedentes de cinco países, España, Francia, Alemania, Italia e México.




CAMPIONATO SUPERMOTARD ESPAÑA 2017. MEMORIAL DAVID RAPOSEIRAS

CAMPIONATO SUPERMOTARD ESPAÑA 2017. MEMORIAL DAVID RAPOSEIRAS


O CIRCUÍTO DA MADALENA ATRAERÁ A PRETO DE 8.000 PERSOAS NO VINDEIRO MES CON CATRO EVENTOS DE MOTOR

O Circuíto da Madalena atraerá a preto de 8.000 persoas no vindeiro mes grazas á celebración de catro eventos de motor, o que motivará un cheo do sector hostaleiro e dos aloxamentos nas fins de semana e confirma o importante pulo socioeconómico que outorga o turismo deportivo ao municipio.



Selección para a Dani Rivas Cup 2017, o 28 de maio

Selección para a Dani Rivas Cup 2017, o 28 de maio


CANCELADA


Comezan as grandes citas no Circuito A Madalena. Esta fin de semana acollerá a Cup Dani Rivas, O primeiro dos grandes eventos para este ano 2017.

O próximo 28 de maio as 10:00h  celebrarase a selección para a Cup Dani Rivas2017, no Circuito de A Magdalena. A selección contará coa presenza de 4 pilotos de MotoGP™ que actuarán como xurado Julito Simón, Gabriel Rodrigo, Juanfran Guevara e Jonny Hernández.

Esta edición do 2017 ten un carácter internacional ó contar coa participación de 60 nenos de 5 nacionalidades, México, Francia, Italia, Alemania e España. Á categoría de minimotos coa Polini 4,2 para nenos de 6 a 9 anos, incorpórase a nova categoría MiniGP coa Honda NSF100 para nenos de 9 a 12 anos.

A compra de entradas para o evento da selección está dispoñible aquí. (10 € compra anticipada)

Cabe destacar que a Honda NSF 100 é a moto coa que entrenan a maioría dos pilotos de MotoGP™ en circuitos de Karting.

Cartel


ULTIMA HORA

A organización da DR CUP, que ía celebrar as súas probas de selección esta fin de semana no Circuíto da Madalena coa presenza de 60 rapaces e catro pilotos de MotoGP, decidíu aprazar esta competición polas previsións meteorolóxicas de tormenta e choiva que complicaban as condicións de seguridade. Informaremos das novas datas.




Selección da CUP Dani Rivas

Selección da CUP Dani Rivas


Os campións do mundo de motociclismo Julián Simón e Pol Espargaró e o piloto de MotoGP Aleix Espargaró estarán en Forcarei o domingo 29 de maio.

Esta competición servirá para escoller e becar ós novos talentos, de entre 6 e 11 anos de idade.

O Circuíto da Madalena, capital do motor!

Máis información




ÚLTIMA HORA!!!

Os medios de comunicación xa informan do aprazamento da Dani Rivas Cup pola adversa previsión meteorolóxica para o domingo.

Anotade o 10 de xullo nas vosas axendas! Os irmáns Espargaró e Julián Simón estarán nesa data en Forcarei!

Comunicado da organización do evento

Despois de moitas valoracións, e debido ó temporal de chuvia e vento previsto para este fin de semana , vémonos obrigados por a seguridade dos nenos, anular a selección da Cup Dani Rivas do domingo 29 de maio.

Estamos moi afectados animicamente , xa que tiñamos depositados todo o noso traballo e paixón neste día tan emotivo par nós, pero o tempo xogounos unha mala pasada.

A data definitiva será o fin de semana do 10 de Xullo.

Perdón a todos por as molestias ocasionadas .




4 e 5 de xuño. Gran Premio de Motociclismo de Forcarei 2016

4 e 5 de xuño. Gran Premio de Motociclismo de Forcarei 2016


Os vindeiros 4 e 5 de xuño o Circuíto de A Madalena acollerá o Gran Premio de Motociclismo de Forcarei, unha iniciativa en colaboración con VF Timing que servirá de homenaxe a todos os moteiros galegos.



Trofeo de SuperXtrem, 16 de Marzo de 2016


Os motores ruxiron durante todo o fin de semana no circuíto da Magdalena, en Soutelo de Montes.
Foron dúas xornadas coas motos e os pilotos como protagonistas, co gallo da celebración do trofeo social SuperXtrem.

En total, foron 63 os moteiros que abriron gas e queimaron roda sobre o asfalto do circuíto forcaricense.

Video resumo do trofeo de SuperXtrem o 16 de Marzo de 2016, celegrado no circuíto de Karting da Madalena, Forcarei.



Campionato Galego de Velocidade. 19 de Abril de 2015

Campionato Galego de Velocidade. 19 de Abril de 2015


O vindeiro domingo 19 de Abril, terá lugar no circuíto deKarting da Madalena, unha nova proba doCampionato Galego de Velocidade, nas categorías deMinimotoS, MinivelocidadE, MinimotarD, ScooteR F-70, ScooteR ClásicA e MotO ClásicA


Título: Campionato Galego de Velocidade. 19 de Abril de 2015
Categoría: Karting
Descargar
Arquivo



 

Nº de resultados:
9
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +