DIRECCIÓN: Praza da Igrexa nº1-36550 Forcarei
TLFNOS: (información e cíta previa) 986.75.50.36
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De Luns a Venres de 9:00 a 15:00h
CORREO ELECTRONICO:servizos.sociais@forcarei.net
En dito Departamento levanse a cabo unha serie de actividades enmarcadas en gran parte na Rede Pública de Prestacións Básicas de Servizos Sociais coas Corporacións Locais, ofrecendo os usuarios, entre outras, as seguintes prestacións:
- INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN - O seu obxectivo é informar aos cidadáns sobre os distintos recursos , prestación e dereitos en materia de servizos sociais, así como a valoración de situacións problemáticas, a súa orientación encamiñada a solución e asesoramento.Pensións non contributivas, recoñecemento do grao de discapacidade, solicitudes de termalismo e turismo social, programa diurno de balnearios, axudas para maiores e discapacitados, trámite de tarxetas de estacionamento para persoas con movilidade reducida etc.
- SERVIZO DE AXUDA FOGAR DE CARÁCTER BASICO E PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA. O obxectivo é facilitar un apoio ás persoas e/ou familias con serias limitacións para a realización das actividades cotiás, facilitando na medida do posible a súa permanencia no seu entorno.
- " SERVIZO DE TELEASISTENCIA.-O seu obxeto e dar cobertura as necesidades obxetivas de seguridad ante situacións de risco as persoas maiores ou con algunha discapacidade, utilizando un equipamento técnico colocado no domicilio do usuario que a través da línea telefónica permitelle conectarse con persoal especializado as 24 horas do dia.
- " SERVIZO DE XANTAR NA CASA.- Servizo de comida a domicilio para persoas maiores e en situación de risco ou exclusión social que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade.
- PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMIIAR. O seu obxecto é procurar o mantemento dos maiores e discapacitados no seu medio social habitual facilitando así a súa integración, evitando a institucionalización.
- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR MUNICIPAL: Trátase dun programa de orientación , apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilita-la integración do núcleo familiar na comunidade.
A intervención realízase a través de diversas áreas:
- Convivencia familiar
- Educación para a saúde
- Organización e economía familiar
- Busqueda de emprego
- Coordinación con outros servizos e organismos
- ACTIVIDADES: Dende o Departamento de S. Sociais Municipais, elaboranse programas para diversos sectores de poboación, desenvolvendo diversas actividades.
- MAIORES :Xuntanza de maiores no mes de setembro, (nestes últimos anos en colaboración co Concello de Cerdedo).Bailes, festa do entroido, magosto e reis, cursos de ximnasia de mantemento, excursións, obradoiros de manualidades e restauración etc.
- " INFANCIA: Campañas de animación á lectura, cursos de natación, campamentos de verán e excursións a neve en convenio coa Excma. Depautación Provincial, actividades deportivas etc.
- " DISCAPACITADOS.: Taller de habilidades sociais que leva funcionando dende o ano 2007 en colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos COGAMI.
- " MULLER: Cursos de formación, charlas informativas, y talleres
- MAIORES :
O Concello Emprende Actividades Formativas De Sensibilización E Prevención Da Violencia De Xénero
O Concello de Forcarei está a levar a cabo diversas actividades formativas de sensibilización e prevención da violencia de xénero ao abeiro do Pacto de Estado e algunhas das mesmas financiadas polo Ministerio de Presidencia dentro das liñas de axuda de dito pacto.
Deste xeito, o Concello xa conta cun manual de linguaxe non sexista para persoal técnico, político e para a comunidade educativa.
Manual UNS
PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2019 IMSERSO
(BALNEARIOS TERMAIS)
SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
PRAZOS DE SOLICITUDE:
- · Ata o 11 de XANEIRO de 2019 para acudir nos meses de FEBREIRO ata AGOSTO.
Ata o 16 de Maio de 2019 poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.
- · Ata o 17 de MAIO de 2019 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO.
CartelAta o 31 de Outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2019-2020
PARA FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA
BENEFICIARI@S: Familias empadroadas con residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ao seu cargo matriculad@s para o curso 2019/2020 nalgún centro de ensino público de Forcarei , en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axudas de MATERIAL ESCOLAR E VESTIMENTA.
- Que a unidade familiar estea empadroada e teña a residencia efectiva neste concello.
- Que @ alumn@ estea matriculad@ ou teña reserva de matrícula nun centro de ensino público de Forcarei.
- Ter presentada a solicitude e documentación complementaria no prazo e forma legal establecido.
- Que @s solicitantes cumpran co baremo económico recollido nas Bases Reguladoras de convocatoria ( 8.0.P. de Pontevedra, 18 de setembro de 2019).
NOVO Bono Social Térmico 2019
BONO SOCIAL TÉRMICO
Segundo os informes sobre a última reforma do bono social, finalmente concedéronse os bonos térmicos sociais dedicados exclusivamente ao abastecemento de gas.
Independentemente do tipo de gas, butano, propano ou gas natural.
Sexa cal sexa o tipo de gas que empregue para quentarse, concederase este subsidio.
A axuda consiste en cheques cunha cantidade que varía dependendo do punto do país no que reside, se é máis quente ou máis frío.
Bono Social Telefónico 2019
Esta axuda é un gran descoñecido xa que a maioría deles nin sequera saben que poden aproveitar esta redución na conta de teléfono.
A xestión realízase por fax, correo postal ou correo electrónico, e débese de acreditar a situación do solicitante como xubilado ou pensionista, sendo imprescindible ser o propietario da liña telefónica onde desexa aplicar tal redución.
Máis información
Novo Bono Social de electricidade
¿Que é o bono social?
O bono social de electricidade éun desconto na factura eléctricaparaconsumidores vulnerables e consumidores en risco de exclusión social.O desconto édo 25 % ou do 40 %, segundo o nivel de renda. Ademais, os seus beneficiarios contan cun período máis prolongado que o resto de consumidores para facer fronte ás facturas impagadas: catro meses desde a primeira notificación de falta de pagamento fronte ao prazo xeral de dous meses.
¿Quen poden solicitalo?
Osconsumidores vulnerables, osconsumidores vulnerables severose osconsumidores vulnerables severos en risco de exclusión.Deben ter contratada na súa vivenda habitual a tarifa eléctrica reguladacunha potencia menor ou igual a 10quilowatts.
¿Que supón concretamente esta axuda?
Para osconsumidores vulnerables, un25 % de descontona factura.
Para os vulnerables severos, un40 % de desconto.
Osconsumidores vulnerables severos en risco de exclusión socialque estean a ser atendidos polos servizos sociais dunha administración -autonómica ou local- que paguen polo menos o 50 % da facturanon terá que facer fronte á factura eléctrica. O resto da factura (o que non asume os servizos sociais) será pago polas empresas, obrigadas por normativa a asumir o financiamento do bono social. No caso de que estas persoas non poidan facer fronte ao pagamento de forma temporal,non se lles poderá interromper a subministración eléctrica.
Maís información
· Resumo das principais características e requesitos para ser beneficiario do novo bono social: http://www.minetad.gob.es/energia/bono-social/Paginas/bono-social.aspx
· Preguntas e vídeo explicativo:
https://tarifasgasluz.com/faq/bono-social-electrico
XUNTOS NOS COIDAMOS 2018
Curso formativo para coidadores de persoas cunha demencia
Datas: do 26 de Outubro ó 9 de Novembro
Hora: de 16:00 a 20:00
Lugar: Centro Social de Forcarei
INSCRICIÓNS:
- AGADEA: 981 595 738
- SERVIZOS SOCIAIS: 986 755 149
PRESTACION ECONOMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2018.
As persoas que tenan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 e que durante o ano 2016, non estivesen obrigados a presentar a Declaración polo I.R.P.F., nin a presentasen de forma voluntaria.
REQUISITOS
- Que as persoas proxenitoras tenan a sua residencia habitual en Galicia .
- Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude (Anexo 1), cuberto e asinado pola persoa solicitante eo Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non pareza como solicitante.
- Fotocopia do libro de familia ou certificaci6n expedida polo Rexistro Civil.
- Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar.
- Nos supostos de adopci6n ou garda con fins adoptivos, copia da resoluci6n xudicial ou administrativa que a declare.
O prazo de presentaci6n das solicitudes remata o 21 de Marzo do 2018.
Cartel
III PLAN DE IGUALDADE.FORCAREI
Diptico
III Plan de Igualdade de Forcarei
Avaliación do II Plan de Igualdade de Forcarei.
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO 2018 2019
BENEFICIARIOS:
- Ter 65 anos cumpridos .
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións .
- Ser pensionista de viuvedade do Sistema Público de Pensións, con idade igual o superior a 55 anos .
- Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe non é preciso que cumpra os requisitos de idade e pensión.
Admítese como acompañante un Fillo/ a con discapacidade, cun grao de minusvalía igual ou superior ó 45 %, sempre que viaxe cos seus pais.
MODALIDADES
- Estadías en zonas costeiras.
- Viaxes culturais para coñecer a Historia e a arte de España.
- Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN :
- PRIMEIRA FASE: ATA 16 DE XUÑO DE 2018
- SEGUNDA FASE: A A O 26 DE FEBREIRO DE 2019
PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL 2018
(BALNEARIOS TERMAIS)
IMSERSO
SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO
PRAZOS DE SOLICITUDE:
- Do 19 de DECEMBRO ata o 4 DE XANEIRO de 2018 para os meses de FEBREIRO ata AGOSTO.
- Entre o 11 de xaneiro e 11 de maio poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.
- Do 4 de XANEIRO ata o 11 de MAIO DE 2018 para os meses de SETEMBRO a DECEMBRO.
- Entre o 12 de maio e o 31 de outubro poderanse facer solicitudes para este periodo, que pasarán a unha lista de agarda.
XXVI XUNTANZA DOS MAIORES 2017
XOVES 28 DE SETEMBRO DE 2017
• Ás 13,00 h. MISA na Igrexa Parroquial de Forcarei.
• Ás 14,30h. XANTAR DE CONFRATERNIDADE NO RESTAURANTE "PARÍS".
Lugar e prazo de inscrición
No Departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei.
O prazo estará aberto ata o venres 22 de setembro.
Requisitos
As persoas que desexen participar deberán cumprir os seguintes requisitos:
• Estar empadroado no Concello de Forcarei.
• Ser maior de 65 anos, ou menor coa condición de pensionista ou discapacitado.
• Presentar xustificante de pago previo en: ABANCA (ES18 2080 5032 75311000 0778).
Servizo de autobuses
Poñeremos a disposición dos veciños, autobuses que farán o percorrido de costume.
Cartel
PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017 DA XUNTA DE GALICIA
PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE:
Do 17 de Marzo de 2017 ao 17 de Abril de 2017.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude e Anexos.
- Xustificantes das pensións, tanto nacionais como do estranxeiro.
SOLICITUDES NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO.
CartelPrograma
Solicitude
CURSO DE CONDUCCIÓN PARA MAIORES DE 60 ANOS
21 e 22 de Setembro
NO CIRCUÍTO DA MADALENA
Xornada 1. EXPOSICIÓN TEÓRICA.
De 17:00h a 20:00h
- Actualicación de normativa. Estradas actuais.
- Factores actitudinais.
- Técnicas de conducción segura.
- Vehículos antigos vs. actuais.
- De 10:00h a 14:00h
- Realizaranse diferentes exercicios deseñados para os alumnos
Anotarse nas oficinas xerais do Concello 986-75 50 36 antes do día 18 de Setembro (luns)
Cartel
19