SERVIZO DE EMPREGO DO CONCELLO DE FORCAREI

SERVIZO DE EMPREGO DO CONCELLO DE FORCAREI


 

Praza da Igrexa, nº 1 CP. 36550 FORCAREI

DATOS DE CONTACTO PARA ATENCIÓN E CITA PREVIA
- Teléfono: 986 7 550 36

HORARIO ATENCIÓN PÚBLICO:
Luns a Venres de 9:00 a 14:00 h



 


 

O Servizo de Emprego do Concello de Forcarei ten como obxectivo ofrecer un servizo público e gratuíto de busca activa de emprego coa finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social. Dos servizos deste departamento benefícianse desempregad@s, empresari@s, comerciantes, emprendedor@s, persoas en activo …

O seu ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello, carece de personalidade xurídica propia e está configurado como un servizo municipal.

FUNCIÓNS

  • Orientación e intermediación laboral facilitando ás empresas a contratación de traballador@s cualificad@s apt@s para dar resposta ás súas necesidades de persoal.
  • Publicidade dos distintos cursos de formación, obradoiros, certificados de profesionalidade…
  • Difusión das ofertas de traballo publicadas nos distintos portais de emprego.
  • Publicidade das Ofertas de Emprego Públicas tanto do propio Concello como doutras Administracións e organismos públicos.
  • Seguimento diario dos boletíns oficiais para a detección de axudas e subvencións destinadas ao fomento de proxectos de formación, autoemprego e creación de emprego.
  • Xestión da bolsa de emprego propia do Concello de Forcarei
  • Realización de estudos socioeconómicos do concello para coñecer as posibilidades reais en materia de emprego, formación, recursos ...
  • Asesoramento das iniciativas empresariais
  • Asesoramento e apoio na creación do currículo


Ir a Bolsa de Emprego




 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +