O Consello Europeo aprobou a creación do programa Next Generation EU
O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.
O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello, alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúen os fondos de NextGenerationEU e o Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, creándose o Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos polo COVID-19.
O Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a este e alcanzar os obxectivos establecidos e presentarase formalmente polos Estados, como moi tarde o 30 de abril.
A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económico e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias para seguir no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o plan cumpren con seis piares establecidos polo Regulamento da UE, e articúlanse ao redor de catro eixos principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial, e a igualdade de xénero). Estes catro eixos de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, á súa vez 30 compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.
1