Información Institucional





Heráldica. O escudo conta cunha montaña de ouro con tres cimas, que representan os tres montes que delimitan o concello (Serra do Candán, Serra do Seixo e o monte Custoia).
Debaixo desa montaña visualízanse 2 franxas onduladas de prata, como símbolo do río Lérez e do Umia.
Na parte superior dispóñense 2 espigas de centeo, de ouro, en forma de aspa, cunha roca alta de prata no centro.
A cada lado das espigas hai un fuso prateado. Estes dous aparellos de fiar fan alusión a unha das profesións máis antigas e habituais de Forcarei, ás fiandeiras.

A franxa perimetral do escudo conta con 13 abellas, en memoria ó antigo oficio de "borreiro”, que eran os que se dedicaban a castrar as colmeas para extraer o mel e a cera.










Heráldica. A Bandeira conta con 3 franxas horizontais de cor branco, verde e branco e con dous flancos de sendas franxas horizontais azuis, en representación do río Lérez e do Umia.

A franxa verde é o dobre de ancha cás franxas brancas e simboliza a característica cor deste concello.
No centro conta con 13 círculos amarelos, un por cada parroquia que ten o concello, ubicados un no centro e doce nos vértices de dous imaxinarios hexágonos concéntricos.

A cor amarela fai referencia ó alecrín, a flor do toxo





 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +