Sendeiros Catalogados


Ruta das Pontes do Lérez PR-G 113


Ruta das Pontes do Lérez PRG113

A ruta das Pontes do Lérez discorre paralela ao leito dun dos máis afamados ríos da provincia de Pontevedra: o Lérez. Cunha lonxitude total de 13,7 quilómetros, nas catro horas e media de percorrido poderás ver lugares cheos de historia, como o Mosteiro de Aciveiro, atravesar pontes cheas de lendas e misterio, mais sobre todo gozar das paraxes naturais que o Lérez vai esculpindo entre os bosques centenarios. Pontes, muíños, batáns e camiños son os alicientes desta ruta que de seguro que non te vai defraudar.

Data Homologación:
Junio de 2009

Accesos: Acceso dende a N-541 que vai de Pontevedra a Ourense, en Folgoso desviarse cara Cachafeiro e Aciveiro.

Lonxitude: 15,8 km.
Punto partida / chegada: Mosteiro de Aciveiro / Gaxín.
Percorrido: Mosteiro de Aciveiro, Ponte Vella de Andón, Ponte da Carballa, Ponte do Crego, Ponte Maril, Zona do Batán, Ponte de Forcarei, Ponte de Gomail e Gaxín.

Dificultade: Media

Duración estimada: 4 horas e media.

M.I.D.E. Medio (3) Itinerario (2) Desplazamiento (3) Esfuerzo (3)

Acceso en bicicleta: Non apto.
Acceso a cabalo:
Non apto.

Cartografía: IGN. 1:25000 / Nº 153-II Forcarei.

 

Google Earth
TRACK google earth (a vista de páxaro): Ruta das Pontes do Lérez

 


PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro- Candán


PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán

Ruta circular de 15 quilómetros que parte do Mosteiro de Aciveiro para percorrer o contorno dunha paisaxe protexida: a serra do Candán. Durante 4 horas e media de percorrido, camiñaremos á beira do incipiente Lérez, para logo ascender ao curuto da Serra. Coñeceremos o hábitat destas duras terras e veremos diferentes pegadas do intento do ser humano por dominalas.

Data Homologación:
Setembro de 2007

Accesos: Dende Santiago e Ourense pola AP-53 ou a N-525 ata Lalín; hai que continuar pola PO-200 ata Aciveiro. Dende Pontevedra pola N-541 e en Cercedo e necesario seguir a PO-200 ata Aciveiro.

Lonxitude: 15,0 km.
Punto partida / chegada: Mosteiro de Aciveiro.
Percorrido:
Mosteiro de Santa María de Aciveiro, Vilaverde, A Rochela, A Lomba, Mámoa, Lamasgalán de Arriba, Lamasgalán de Abaixo, Mouro Negro, Ponte Vella de Andón, Andón, O Cotiño e Mosteiro.

Dificultade: Baja. Atención os cambios de clima.

Duración estimada:
4 horas e media.
Material: Dadas as condicións climáticas da serra e recomendable levar calzado de montaña impermeable, así como indumentaria de abrigo.

M.I.D.E. Medio (1) Itinerario (2) Desplazamiento (2) Esfuerzo (3)

Acceso en bicicleta: Apto parcialmente.
Acceso a cabalo: Apto parcialmente.

Cartografía: IGN. 1:25000 / Nº 153-II Forcarei.

 

Google Earth
TRACK google earth (a vista de páxaro): Sendeiro Natural Aciveiro-Candán (PR-G 100)

 

Senda das neveiras


SENDA DAS NEVEIRAS

A senda das Neveiras percorre os puntos de maior interese paisaxístico e patrimonial do lugar de Fixó - Potela.

Dende o Miradoiro de Grobas, poderás salvar o desnivel da Pena de Malpaso e camiñar polo alto da devesa, ata atopar un fermoso miradoiro natural dende ande acadaremos vistas privilexiadas da aldea abandonada de Grobas.

Dende a Pena de Malpaso, poderás descender pola cara leste da ladeira ata o Regueiro de Malpaso e acompañar o seu curso ao carón da vexetación de ribeira por vales encaixados.

Entre piñeirais descubrirás as Neveiras e, a poucos metros, á Mámoa de Rofete, ambos os dous son bens etnográficos de
grande interese arqueolóxico catalogados no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Outros dos lugares de interese que poderás visitar son o Muíño do Porto e as devesas.

O MVMC de Fixó-Portela caracterízase pola súa riqueza xeomorfolóxica e posúe zonas moi escarpadas e abruptas con pequenos vales encaixados e espectaculares miradoiros de ampla visibilidade. Está integrado no espazo natural "Serra do Candán", incluído na Rede Natura 2000 e na Rede Galega de Espazos Protexidos.

As Neveiras de Fixó, datadas no século XVII, eran explotadas polos monxes do Mosteiro de Aciveiro, que obtiñan delas unha das súas principais fontes de ingresos. O comercio de xeo foi unha das actividades máis rendibles da zona durante ese século, xa que o Camiño Real ou do correo que unía o Mosteiro de Aciveiro co Ribeiro, pasaba por estas montañas.

 

 



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +