Santa María de Madanela


Parroquia de Santa María de Madalena. Igrexa


Esta parroquia conta tamén cunha importante riqueza arqueolóxica, da que cabe salienta-lo castro de Sanguñedo, de forma case elíptica e con fortificacións anexas de considerable tamaño. Da Madanela tamén proceden dous urcéolos de época romana que se conservan no Museo de Pontevedra e nun dos cales figura a inscrición epigráfica AQUILI / DLT. Existen ademais restos dunha necrópole no lugar coñecido como a Braña dos Mouros, onde apareceron tégulas e laxas de pedra traballada.

De notable interese resulta tamén a igrexa parroquial, obra de vangarda legada polo talante altruísta do constructor Alfredo González Barros, que posuía unha casa de estilo modernista no mesmo pobo de Soutelo de Montes, erguida no ano 1931 por Manuel González Barros, coa curiosa característica de te-los azulexos elaborados a man un a un por artesáns portugueses nos anos 30.

 

Non se pode esquecer, na visita a Soutelo, o monumento ós Gaiteiros sito na praza tamén consagrada á súa lembranza, no centro do núcelo urbano, en fronte do Parque Venezuela, onde se pode ollar un mapa da Terra de Montes tallado en pedra pola Escola de Canteiros.

E como non, o circuíto de Karting da Madalena, un lugar no que gozar do motor.





 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +