Gastronomía e Folclore
Gastronomía
No terreo gastronómico, resulta doado aprecia-la cociña típica de Forcarei e da Terra de Montes, na que podemos degusta-la galiña ó sal ou trufada, a caza e pesca, a carne ó caldeiro, o cocido, a croca e, sobre todo, o prato por excelencia da nosa cociña artesá, a carne richada.
Recetas da zona:
Onde comer / durmir no Concello
Folclore
Gastronómicas:
- A carne richada ten a súa festa de exaltación o primeiro fin de semana de Nadal na vila de Forcarei.
- A Festa do Cogumelo en Soutelo de Montes no mes de novembro.
- A Festa da Convivencia en Meavía (O carneiro ó Espeto, o segundo fin de semana de Agosto)
- Festival Folk CHURRUCHAO, coa festa da Croca (o primeiro fin de semana de Agosto)
- Festa do Caracol en A Graña de Umia, Quintillán (O segundo fin de semana de Agosto)
Populares:
- Cómpre salientar tamén as romarías xa clásicas, como a dos Dolores en Forcarei, cunha tradición de máis de cento cincuenta anos, ó redor do derradeiro domingo de Agosto,
- A Festa na honra do Gaiteiro de Soutelo, e o San Roque a mediados de Agosto.
- A romaría campestre que ten lugar tódolos anos o día 8 de setembro á beira do mosteiro de Aciveiro.
- o San Martiño, tamén en Forcarei o 11 de novembro.
- ou as romarías de San Antonio de Garellas, o 13 de xuño na Millarada e a de San Xoan de Meavía o sábado de Pascua, en semana Santa.
As feiras
Os días 5 de cada mes hai feira en Forcarei e os días 13 en Cachafeiro.
Os derradeiros mércores e segundos sábados de cada mes a feira é en Soutelo de Montes.
1