Manuel Canabal Fiestras. (Deportista futbolista)
Manuel Canabal Fiestras, coñecido na súa faceta deportiva como Canabal.
Comezou de noviño no mundo do fútbol, xogando no Atlético Forcarei, pasando logo ó segundo equipo da capital pontevedresa, o Atlético Pontevedrés.
Quizais fose alí onde máis se formou como xogador, e pronto tivo a oportunidade de debutar no primeiro equipo:O Pontevedra C.F.!! Para chegar ata aquí, Canabal tivo que facer moitos esforzos, xa que non é nada doado compatibilizar estudos con xogar nun equipo e por riba pegarse máis dunha hora de viaxe desde a súa casa ata o lugar dos entrenos... neste sentido é todo un exemplo de forza de vontade e desexos de xogar! Un exemplo a seguir para aqueles que aspiran a ser profesionais deste deporte.
Malia xogar nun equipo de segunda B (ou quizáis por eso, quen sabe!!) foron moitos os "cazatalentos" que na temporada 94/95 se fixaron na garra deste dianteiro de Forcarei. Aquel mesmo verán, Canabal rescindía contrato, aínda como xuvenil, e non tarda en fichar polo Mérida; co que pasaba dunha segunda división B a unha segunda división española onde tería que suar máis a camiseta para facerse cun posto no equipo.
Aquel primero ano como xogador do Mérida non estivo da súa parte xa que foi cedido ó Leganés, xogando nada máis ca un partido (Iso si, metendo un gol), pero os técnicos seguían sen confiar nel e regresou ó Mérida na temporada 96/97: xogou 35 partidos e marcou 10 goles!!
Canabal deslumbrou contribuíndo cunha boa cantidade de goles ó ascenso do equipo emeritense por vez primeira na Historia á Primeira División, e saltou unha nova totalmente inesperada: Fabio Capello fixárase nel e o Real Madrid, daquela presidido por Lorenzo Sanz, non dubidou nin un intre á hora de confirmar a súa fichaxe.
A temporada 97/98 foi a súa temporada máis "galáctica", xa que fichou polo R. Madrid, aínda que foi cedido ó Valladolid e ó ano seguinte pasou polo Alavés. Hai que recalcar que en 1997 o R.Madrid gaña a Supercopa contando xa na plantilla con Canabal.
No Alavés conxeniou moi ben, a afección tíñalle aprecio, fixo unha bóa temporada, marcou 5 goles, xogando por fin de titular a meirande parte dos partidos.
Ó ano seguinte fixo a súa temporada máis gloriosa, no Rayo Vallecano, onde tamén fixo moitos goles e gozou dunha maneira máis o menos continuada da confianza dos entrenadores que pasaron por Vallecas. Meteu para o Rayo Vallecano a cifra de 11 goles, sendo titular indiscutible no equipo.
A súa seguinte estación sería o Málaga, cun equipo xa consolidado na elite , onde non obstante non puido gozar das mesmas oportunidades que tivera nos dous equipos anteriores, debido á competencia nos postos de diante, con Dely Valdés vivindo unha segunda xuventude e Darío Silva convertido en todo un ídolo da afección malaguista. Sen embargo Canabal sempre traballou arreo e deu todo nos momentos nos que Peiró consideraba que debía intervir, levándose recompensas como aquel gol ó Barcelona nunha noite máxica para a afección de Málaga. Xusto nesta temporada, cando xa case parecía titular indiscutible, lesiónase.
Na temporada 2004-2005 Canabal regresou á casa, para loitar de novo pol a permanencia, esta vez na Segunda División, co seu Pontevedra. Comezou sendo titular indiscutible e aí quedan as súas aportacións, como o séu gol no Zorrilla que valeu a victoria por 0-1 do equipo pontevedrés ante todo un candidato ó ascenso.
Pero os seus problemas de espalda, que xa víña arrastrando dende había algunhas temporadas, convertéronse nun insoportable talón de Aquiles que o levaría a unha retirada demasiado temperá para un home que aínda tíña moitas ganas de balompé, con independencia da categoría na que tivese a oportunidade de militar.
Atrás quedarán eses grandes momentos que este bo dianteiro pero moito mellor persoa dedicou ós afeccionados a este deporte, sempre baseándose nunha disciplina e entrega ó traballo inconmensurables.
Para a galería de recordos queda especialmente a súa participación naquel Málaga 5-Barcelona 1, disputado no estadio "La Rosaleda" o 3 de decembro de 2003, no que Canabal saíu na segunda parte e marcou un gran gol ó Barça. O sorriso de Canabal tras aquel tanto decía moito da alegría que pode chegar a sentir unha persoa cando contribúe a un traballo ben feito e a enfervorizar un estadio cheo de afeccionados.
-Como curiosidade, foi o xogador máis alto da liga española, mide 1,95 ¡Todo un xigantón! E a súa comida favorita e o polbo á feira
Palmarés
Copa Intertoto da UEFA 2002-03
Traxectoria
Club | Categoría | Año |
---|---|---|
Pontevedra CF | 2ª B | 1994-1995 |
CD Leganés | 2ª | 1995-1996 |
Mérida Promesas | 2ª B | 1995-1996 |
CP Mérida | 1ª | 1995-1997 |
Real Madrid | 1ª | 1997-1998 |
Deportivo Alavés | 1ª | 1998-1999 |
Rayo Vallecano | 1ª | 1999-2000 |
Málaga CF | 1ª | 2000-2004 |
Pontevedra CF | 2ª | 2004-2005 |
1