PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro- Candán
Ruta circular de 15 quilómetros que parte do Mosteiro de Aciveiro para percorrer o contorno dunha paisaxe protexida: a serra do Candán. Durante 4 horas e media de percorrido, camiñaremos á beira do incipiente Lérez, para logo ascender ao curuto da Serra. Coñeceremos o hábitat destas duras terras e veremos diferentes pegadas do intento do ser humano por dominalas.
Data Homologación: Setembro de 2007
Accesos: Dende Santiago e Ourense pola AP-53 ou a N-525 ata Lalín; hai que continuar pola PO-200 ata Aciveiro. Dende Pontevedra pola N-541 e en Cercedo e necesario seguir a PO-200 ata Aciveiro.
Lonxitude: 15,0 km.Punto partida / chegada: Mosteiro de Aciveiro.
Percorrido: Mosteiro de Santa María de Aciveiro, Vilaverde, A Rochela, A Lomba, Mámoa, Lamasgalán de Arriba, Lamasgalán de Abaixo, Mouro Negro, Ponte Vella de Andón, Andón, O Cotiño e Mosteiro.
Dificultade: Baja. Atención os cambios de clima.
Duración estimada: 4 horas e media.
Material: Dadas as condicións climáticas da serra e recomendable levar calzado de montaña impermeable, así como indumentaria de abrigo.
M.I.D.E. Medio (1) Itinerario (2) Desplazamiento (2) Esfuerzo (3)
Acceso en bicicleta: Apto parcialmente.Acceso a cabalo: Apto parcialmente.
Cartografía: IGN. 1:25000 / Nº 153-II Forcarei.
TRACK google earth (a vista de páxaro): Sendeiro Natural Aciveiro-Candán (PR-G 100)
1