Circuíto de Karting de A Madalena- Soutelo de Montes


Circuito de Karting da Madalena, Soutelo de Montes - Forcarei


 
 
 

O Circuíto de Karting da Madalena xorde como un proxecto que dá resposta a unha demanda de lecer que cada día está mais en auxe, ademais de supor un elemento revitalizador do concello de Forcarei.

Vemos que cada día mais moz@s , e non tan moz@s, se apuntan a un xeito de sentir e gozar do seu tempo de lecer relacionado co mundo do motor. É por isto polo que se fai preciso prestar uns servizos axeitados á práctica segura e sa deste deporte.

Desde o Concello trátase, sempre dentro da medida do posible, de satisfacer os anceios dos veciños pondo en marcha proxectos que poidan transformar estes desexos nunha realidade palpable. No caso deste Circuíto, levado a cabo mercé ó respaldo económico dado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra, tamén ten moita "parte de culpa" a xenerosidade amosada pola "Comunidade de Montes da Madanela", quen cedeu parte dos terreos sobre os cales se asenta. Sen esta aportación o proxecto do cricuíto quedaría so niso, "en proxecto", xa que un pode ter a intención e as ganas de facer cousas, pero sen medios e recursos non se poden acadar os fins.

Ben é certo que a afección polo motor neste concello ven de antigo, xa que no lugar de Soutelo de Montes relizouse durante moito tempo unha das probas do Campionato Galego de Karting nun trazado de carácter urbán, que impulsou a Escudería Soutelo Motor, e na cal corría Julio Iglesias, que obtivo resultados notables participando en categorias xuvenís.

O tempo deunos a razón en canto ós obxectivos que se pretendían acadar con esta iniciativa:

Por unha banda ofrecéselle á xente un lugar no que gozar do deporte do motor, tanto na modalidade de afeccionado coma na de profesional. Non en van este circuito está a formar parte do calendario do Campionato de Galicia de Karting, e xa só no pasado 2008 celebráronse nel 3 probas do devandito Campionato( 27 de Abril, 3 de Agosto e 29 de Setembro), ademais de ser sede dunha das probas da Challenge a Gas de Karting 2008 (27 de Abril), certame de ámbito nacional organizado pola empresa cántabra PTR- FERROSITE, que conta entre outros co patrocinio de REPSOL GAS.

Por outra banda tamén se dá un importante pulo dinamizador á zona, xa que este circuíto atrae ata o lugar a un número cada día maior de afeccionados dispostos a gozar non só da pista senón tamén da diversa oferta turística do concello: turismo rural, roteiros de sendeirismo, así coma da oferta turística dos Concellos e Comarcas limítrofes, pois a situación xeográfica estrátexica de Forcarei, converteu o concello no mellor emprazamento para o Kárting: a rede de infraestruturas viais e a proximidade ós principais núcleos demográficos é unha vantaxe do municipio: está conectado con Ourense, Lugo, a escasos kilómetros da capital, Pontevedra, limítrofe con Lalín e con moi boas estrada en dirección a Santiago. Ademais sitúase no centro da supracomarca Deza-Tabeirós-Terra de Montes.

Atopámonos ante un proxecto de gran utilidade e gran repercusión social e económica para Forcarei. O complexo suscitou o interese de máis dunha casa automobilística como escenario de presentación dos seus modelos. Tamén é apto para a impartición de cursos de "condución segura", así como todo tipo de ensinanza que as autoescolas queiran impartir, ademais das realizacións de competicións de moi diversa índole: é o caso de campionatos de Karting, de Fórmula 1, de Superbikes, de Granturismos, de Fórmula 3000, de motociclismo.

FICHA TÉCNICA DO CIRCUITO:

SITUACIÓN: MADANELA, SOUTELO DE MONTES- FORCAREI.
FECHA INAUGURACIÓN: 23 de SETEMBRO de 2007.
SUPERFICIE TOTAL: 81.703 m2 .
LONXITUDE DA PISTA: 1.300 m x 10 m.
SENTIDO DE XIRO: Horario.
EQUIPAMENTO: En execución.
COMO CHEGAR: Soutelo de Montes, a Madalena

Solicitude de Inscripción

Standard


 



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +