O Gaiteiro de Soutelo. Festa de interese turístico de Galicia.


Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo

Avelino Cachafeiro Bugallo é un dos persoeiros máis importantes do noso panorama musical tradicional galego.
Nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899. (máis información)

Avelino Cachafeiro, acostumado desde a súa nenez ó son da gaita, debido a que o seu avó e o seu pai foron tamén gaiteiros, non tardou en formar un grupo familiar de gaiteiros, constituído polos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que de modo ocasional tocaba o pandeiro. Avelino era a alma do grupo, como director e compositor, as súas actuacións caracterizábanse polo baile e por contar chistes. Non tardaron en ser coñecidos por toda a comarca e tamén alén dos mares, co alcume de "Os Gaiteiros de Soutelo”.
Avelino é nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra, e con só 25 anos preséntase a un concurso en Santiago onde se dirime quen é o mellor gaiteiro de Galicia. Un concurso con parte literaria, onde se presenta xente coma Otero Pedraio, Vicente Risco, Filgueira Valverde, e que o final ganaría Eladio Rodríguez González.
Otero Pedraio cualificaba a Avelino como "O grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne pro esprito como o máis rexo e armoño Carballo do bosque antigo”.

Festa declara como de "Interés turístico de Galicia"

O Concello de Forcarei organiza a Festa do Gaiteiro de Soutelo, concebida coa finalidade de homenaxear a súa figura, tanto humana como artística, festa que o Consello da Xunta declara como festa de interés turístico de Galicia, o 21/10/2010, a Festa do gaitero de Soutelo de Montes (Forcarei). A antigüedade do evento (dez anos de existencia como mínimo), a súa singularidade así como o arraigo e o valor cultural foron os criterios que se tuveron en conta a hora do seu reconocemento oficial desde a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para oTurismo.

A Festa do gaitero de Soutelo de Montes, celébrase cada 16 de agosto en Forcarei desde comenzos do seculo XX, e máis regularmente desde fai trinta anos. A festa xurxíu gracias a iniciativa de Avelino Cachafeiro e os seus irmáns, grandes amantes da música popular, que chegaron a tocar con grande éxito en varias cidades de Sudamérica e incluso nas Olimpiadas de Amberes.

Avelino Cachafeiro foi un autodidacta que aprendeu a tocar os instrumentos de séu abó. En 1924 fói proclamado meior gaitero de Galicia nun certame celebrado en Santiago. A festa conta con un gran número de participantes, a cal asisten arredor de 750 músicos, autoridades e espectadores de todo o territorio galego e das comunidades limítrofes, así como de Portugal.

Rexistros sonoros de Avelino Cachafeiro

Recopilación da totalidade dos rexistros sonoros de Avelino Cachafeiro, realizados en Ourense en 1.928, entre os que se atopa a primeira gravación da popular <<Muiñeira de Chantada>>. Os Gaiteiros de Soutelo, considénranse o máximo expoñente do tradicional cuarteto de gaitas, así como un referente estético e musical para as xeracións de gaiteiros posteriores.

 

 


 

Descargar cancións en MP3

Portada e folleto interior do disco

La Alfonsina. Muiñeira

 



 

 

 



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +