BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA. PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS (VI482A e VI482B)
· OBXECTO: convocar as axudas do Programa do bono do alugueiro social, para o ano 2021, con financiación plurianual.
· PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.
· AS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE BONO DO ALUGUEIRO SOCIAL ESTÁN DESTINADAS A ATENDER CON CARÁCTER URXENTE AS SEGUINTES UNIDADES DE CONVIVENCIA:
- Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por impago das rendas.
- Vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento.
- Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións ...
- Aquelas que, tivesen sido beneficiarias do programa Aluga, e tiveran desfrutado na súa totalidade da subvención de dito programa e tivese finalizado o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.
- Aquelas que sendo arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, tivese finalizado a vixencia do seu contrato, a partires da entrada en vigor desta orde.
- Aquelas as cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite de ingresos mínimos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
- Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou do Sareb, finalizaran a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social.
· REQUISITOS PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Estar empadroadas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
- Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento , cunha duración mínima dun ano.
- Que a vivenda constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual ou permanente.
- Que a renda do contrato non supere os 350€ ( para o caso do concello de Forcarei).
- Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM.
- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.
- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou usufruto, a excepción de que dispoñendo dela non goce do seu uso ou desfrute por tratarse dunha vivenda insuficiente ou inadecuada por razóns de habitabilidade e mobilidade.
- Que as persoas membros da unidade de convivencia estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
· IMPORTE MENSUAL desta axuda para o concello de Forcarei será dunha contía de 175€ mensuais.
· PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
- O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 10 de decembro de 2021.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Tamén se poderán presentar presencialmente por calquera dos medios establecidos na normativa de procedemento administrativo común das administracións públicas.
1