AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS
RESOLUCIÓN DO 29 DE MARZO DE 2021 POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DAS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS, E SE ESTABLECE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2021 (MT402A)
· OBXECTO: aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para o ano 2021 para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.
Os principais obxectivos son aumentar a sensibilidade cidadá en relación coas alteracións ou impactos en relación coa paisaxe así como sensibilizar e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas administracións públicas.
· PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.
· PODERÁN SER OBXECTO DE SUBVENCIÓN AS SEGUINTES ACTUACIÓNS:
- Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.
- Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia
- Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (parámetros e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia
- Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia.
- Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional, adaptada aos criterios de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.
- Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.
· REQUISITOS OBTENCIÓN DA SUBVENCIÓN
- Unha solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación.
- A persoa ou entidade solicitante deberá acreditar a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou inmobles en que se pretenden realizar as actuacións (copia da escritura da propiedade ou de calquera outro dereito real sobre o ben ou recurso).
- Para levar a cabo as actuacións para as cales se solicita a subvención, deberase contar coas autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais que resulten preceptivas, tanto das entidades locais como por parte doutros organismos ou administracións públicas. O cumprimento de dito requisito acreditarase na fase de xustificación, sen prexuízo da declaración responsable na fase de solicitude.
· GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DA SUBVENCIÓN
- Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, tales como , entre outros, os materiais e a man de obra.
- Gastos honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a execución das actuacións , así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa realización. Estes custos xerais non poderán superar o 10% do investimento subvencionable
- Tributos cando o beneficiario/a os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán impostos indirectos cando sexan susceptibles de compensación ou recuperación, nin os impostos persoais sobre a renda.
· IMPORTE DA SUBVENCIÓN SERÁ DO 70% DO ORZAMENTO DO INVESTIMENTO CO LÍMITE MÁXIMO DE 3000€
· PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Persoas físicas titulares dun ben inmoble , recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación subvencionada.
- Comunidades de persoas propietarias.
· PRESENTACIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, (obrigatoria para comunidades de persoas propietarias e agrupacións de persoas propietarias).
- Prazo de presentación ata o 31 de maio.
· DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Acreditación da representatividade suficiente para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
- Anexo II, certificado dos acordos da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias.
- Memoria técnica das actuacións das accións, que deberá conter, como mínimo descrición de traballos ou actividades, relación valorada, orzamento detallado, e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución.
- Documentación que acredite a titularidade, ou calquera título de disposición válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.
- Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar: exteriores e da contorna en que se aprecia o elemento/s obxecto da actuación.
· Data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 15 de outubro de 2021.
· Para cobrar a subvención concedida a persoa beneficiaria deberá presentar mediante a modalidade de conta xustificativa:
- Solicitude de cobramento (anexo IV)
- Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención. A memoria incluirá fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas obxecto da subvención, así como de todos os elementos e demais actuacións de mellora de imaxe, e do material obxecto da subvención.
- Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000€ o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores
- Declaración responsable de que o beneficiario se encontra ao corrente das súas obrigas tributarias e fronte á seguridade social
- Memoria económica do custo das actividades realizadas, factura ou lista de facturas xunto coas certificacións bancarias ou copias das ordes de transferencia que xustifiquen o seu pagamento.
- Solicitude de comunicación previa realizada ante o Concello para o desenvolvemento das actuacións obxecto da subvención, ou de ser o caso, as autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais tanto municipais como doutros organismos ou administracións públicas que resulten preceptivas para a execución da actuación.
· ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA: MT402A - Programa de ayudas para actuaciones de corrección de impactos paisajísticos - Sede Electrónica - Xunta de Galicia
1