Categoría: Convocatorias e Subvencións

BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO PARA O FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS

BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO PARA O FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS


EXP. 144/2022. BASES REGULADORAS DO FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS


Vistas as BASES REGULADORAS DO FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS, que se transcriben de seguido:

"BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO PARA O FOMENTO DO CONSUMO LOCAL NO CONCELLO DE FORCAREI A TRAVÉS DE BONOS"

A crise sanitaria mundial orixinada polo COVID-19 deu lugar á súa definición como pandemia pola Organización Mundial da Saúde e conlevou a adopción de medidas para combater a enfermidade, así como paliar os efectos da mesma a nivel social e económico.
.....



Publigación no BOPPO



Reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e para a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos da hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524-E)

· OBXECTO: estas axudas teñen como obxecto subvencionar as seguintes actividades:

- Instalación , reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados na Comunidade Autónoma de Galicia

- Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio

· PROCEDEMENTO: o procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

· ENTIDADES BENEFICIARIAS: poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

· COMPATIBILIDADES:estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións. Antes de conceder e pagar a axuda, deberá constar no expediente unha declaración negativa sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto anteriormente considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

· CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS TRIBUTARIAS OU FRONTE A SEGURIDADE SOCIAL: dada a natureza extraordinaria, tanto das actuacións subvencionables como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria, que provocou que a maior parte das persoas autónomas e as empresas privadas solicitasen o aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntal, exímense as persoas beneficiarias do requisito de estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido.

· REQUISITOS

- Desenvolver a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo, dentro do sector da hostalaría e da restauración.

- Tendo a condición de PEME conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, empregaren a menos de 50 traballadores.

- Estaren dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I da convocatoria.

· CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

- Os gastos e os investimentos , realizados entre o 1 de outubro de 2020 e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas.

- Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

- Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior os 15.000€ no caso de prestacións de servizos ou adquisicións de bens, e importe igual ou superior a 40.000€ no caso de execución de obra, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo tres ofertas de diferentes provedores independentes con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben. Tampouco será preceptiva a presentación das tres ofertas cando o gasto sexa realizado con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

· CONDICIÓNS DOS PROXECTOS

- Para os efectos establecidos nestas bases, terá a consideración de terraza a instalación ao aire libre formada por mesas, cadeiras e outros elementos, sitas nos espazos estremeiros ou non dun establecemento de hostalaría e restauración.

- En todo caso, deberá ser un espazo non cuberto ou, no caso de estar cuberto, estar rodeado por un máximo de dous laterais.

· CONSIDÉRANSE SUBVENCIONABLES:

- Instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.

- A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e de aparellos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparellos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.

- Adquisición de elementos sustentables de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento.

· NON SE CONSIDERAN SUBVENCIONABLES:

- As actuacións en terrazas situadas no interior dos centros comerciais e nos interiores dos establecementos, así como outras actuacións levadas a cabo no interior do establecemento.

- A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e TPV.

- Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

- A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares

- Os elementos téxtiles tales como mantas, coxíns, manteis ...

- A publicidade, agás a rotulación do nome do establecemento nos elementos fixos ou móbiles da terraza.

· PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

- O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOGA e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

- O formulario de solicitude incluirá unha opción para que os solicitantes poidan pedir un anticipo do 50% da subvención concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente.

· OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

- Entre as obrigas dos beneficiarios atópase a de manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante tres anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.



AXUDAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS


CONCESIÓN DIRECTA DE BECAS E AXUDAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

ORDEN DE 10 DE DECEMBRO DE 2019 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BECAS REGULADORAS E PROCÉDESE Á CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BECAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO CORRESPONDENTES AO EXERCICIO DE 2020 (código de procedemento TR301V)

BENEFICIARIOS: persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1. Terán a condición de persoas desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición de ocupadas no momento da incorporación á acción formativa, nos supostos nos que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoa desempregada inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

As subvencións reguladas por esta orde refírense ás becas de asistencia para persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, ás axudas de transporte, as axudas para mantemento, as axudas á conciliación e as axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero, para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas.

O dereito do alumnado a percibilas referirase a cada día de asistencia á correspondente acción formativa.

PRAZO: a persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes dende a súa incorporación á acción formativa, ou dende que teña lugar o feito causante que determina o dereito, con data límite de 30 de novembro de 2020.

ENLACE DOGA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191213/AnuncioG0424-101219-0002_es.html





 

Nº de resultados:
3
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +