Categoría: Fundación

Fundación Galicia Verde. En Leboso

Fundación Galicia Verde. En Leboso



Información facilitada por A FUNDACIÓN GALICIA VERDE

http://www.fundaciongaliciaverde.org



Servizos

A Fundación Galicia Verde, no séu centro de Leboso, presta a sociedade rural asociada una serie de servizos, algúns dos cales pueden ser solicitados por cualquera outra persoa encondicións mui ventaxosas dado o caracter da entidade sen ánimo de lucro.

Servizos ofrecidos por a Fundación Galiza Verde:

  1. Deseño e supervisión de instalacións hortofrutícolas, con criterios de permacultura.
  2. Deseño e supervisión de sistemas de rego máis eficientes.
  3. Deseño e supervisión de tratamentos de augas residuais para a súa posterior reutilización.
  4. Organizar e impartir cursos formativos, a todos os niveis, sobre ecoagricultura.
  5. Sementes seleccionadas de producción propia (según dispoñibilidade).
  6. Estudios sobre desenrrolo sostible.
  7. Análisis cualitativos de control de calidade mediante cristalizacións sensibles.

A FUNDACIÓN GALICIA VERDE está inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, e foi clasificada como de interese benéfico-social por Orde da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 23 de outubro de 2002 (DOG do 29 de outubro) e declarada de interese galego por Orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de 11 de novembro (DOG do 2 de decembro). Figura inscrita co número 2002/21.

A FUNDACIÓN GALICIA VERDE é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo o desenvolvemento rural sustentable. Para tal fin, a F.G.V. ten proxectado crear en Galicia cinco centros baixo a denominación de:

CENTROS GALEGOS DE MEDIO AMBIENTE, NOVAS TECNOLOXÍAS E DESENVOLVEMENTO RURAL PARA A INVESTIGACIÓN, O ENSINO, A DIVULGACIÓN E A PROMOCIÓN DE EMPREGO.

A denominación destes centros fala claramente do seu compromiso coa sociedade e co desenvolvemento rural. A proposta de que sexan cinco centros ten como finalidade dispoñer de entidades adaptadas ás características propias de cada comarca, que actúen de catalizadoras e coordenadoras da actividade rural.

O primeiro destes centros, obxecto desta presentación, está ubicado na parroquia de Leboso, no Concello de Forcarei.

Obxectivos:

A auténtica razón de ser da F.G.V. é o medio rural, no que se centran tódalas súas actividades. A F.G.V. pretende actuar como dinamizadora da actividade agrícola, gandeira, forestal e turística das comarcas onde se instale, cuns obxectivos moi claros:


Dignificar a imaxe pública das persoas dedicadas ao sector primario, por seren imprescindibles para a sociedade. Hai que lle dar a volta á figura denostada do agricultor e situala no lugar que lle corresponde polo seu labor esencial. Nunha sociedade primordialmente tecnolóxica como na que nos toca vivir actualmente, o sector primario continúa a ser imprescindible, mesmo por razóns estratéxicas. Non ten ningunha explicación lóxica intentar reducir o número de xente que vive no rural e trasladala a zonas urbanas. Son modas, ou manipulacións, que se impuxeron e que están a demostrar a súa falta de razón. Cómpre, pois, devolverlles aos agricultores a súa dignidade e pagarlles o que é xusto polo seu traballo.

Fixar a poboación rural, facendoa atractiva para os máis novos. A principal razón para o abandono do rural é a económica, xa que no rural se paga moi pouco polos produtos agro-gandeiros, e dáse unha dependencia excesiva das subvencións ou cotas. As políticas de subvencións están a mostrar a súa ineficacia e corrupción, como queda plasmado no feito de que máis de 14 millóns de euros de axudas comunitarias se repartan tan só entre sete familias en todo o territorio español.

Converterse nun centro de formación e investigación permanente non só para a formación e reciclaxe dos profesionais, senón para recuperar e mellorar o noso patrimonio xenético autóctono. Dende a F.G.V. queremos dar asistencia permanente aos profesionais e trataremos de coordenalos. A formación asistencial permanente será unha das nosas prioridades. Para eles van ser as investigacións que levemos adiante dende a F.G.V.

Promover actividades turísticas no Concello, a través da creación de rutas de sendeirismo que permitan coñecer a bisbarra, degustar os seus produtos ecolóxicos cando estean dispoñibles e, sobre todo, crear unha gran actividade en torno aos cursos, charlas ou seminarios que a F.G.V. ten pensado organizar con regularidade.

Acto de Firma do convenio

Acto de firma da cesión da escola de Leboso. Á esquerda Juan Abia (vicepresidente da FGV), no medio David Raposeiras (alcalde de Forcarei) e á dereita Enrique Banet (presidente-fundador da FGV)

Descrición do centro


O Centro de Leboso debe cumprir unha serie de requisitos mínimos:

  • O edificio ser unha auténtica "escola viva” de Arquitectura e Construción Sostibles. Un edificio autosuficiente térmica e electricamente, cun alto nivel de eficiencia e grandes medidas de aforro de enerxía. Será innovador nas técnicas e sistemas de calefacción, iluminación e depuración das aguas, que se farán in situ e se monitorizarán durante os primeros anos de vida a fin de estudalos e melloralos para poder exportar esta "tecnoloxía verde” a outros edificios ou colectivos.
  • A horta está concebida como laboratorio e centro de produción e recuperación de sementes. Os bancais estánse instalando con criterios de Xeobiología e Permacultura, e serán un bo exemplo da xestión ecolóxica dos recursos. A rega, por exemplo, realizaráse por medio de bandas humectantes e estará totalmente informatizada. Ademais, a horta terá que servir para a elaboración práctica das especificacións técnicas asociadas a cada semente, que lles serán entregadas a quen as utilice.

Como parte integrante da horta incluiranse espazos húmidos para depuración das augas, e árbores de froita que introduzan e manteñan a diversidade biolóxica.

O equipamento das instalacións

O equipamento básico do Centro está pensado para o aforro, para a optimización dos recursos e para que cada elemento poida ser empregado en varias tarefas cun rendemento máximo. Os materiais (mobiliario, iluminación, elementos da produción enerxética ou da horta) escolleránse consonte criterios ecolóxicos: pola súa procedencia (preferiblemente local), pola súa composición (libre de tóxicos), pola súa vida útil e futura reutilización ou reciclaxe, etc., etc.

Tanto a electricidade coma o calor consumidos no edificio e as súas instalacións, produciránse in situ mediante un sistema que combine enerxía xeotérmica con enerxía eólica, fotovoltaica e colectores térmicos.

Tamén está previsto, para a calefacción e a auga quente sanitaria, un sistema que recupere a calor xerada polo compost e a incorpore aos depósitos de acumulación de auga quente.

O tratamento das augas residuais, tanto grises coma negras, terá lugar mediante sucesivos procesos anaeróbicos e aeróbicos, para finalizar nun humedal con plantas que permitirán a reutilización das augas para a rega das hortas.

A proba do carácter dinamizador do Centro, mesmo sen estar aínda en funcionamento, é que xa se conseguiu unha primeira industria de transformación vexetal. Isto vai supoñer un magnífico complemento das actividades que se desenvolvan no Centro.

O centro e o contorno

Nos arredores da antiga escola de Leboso estáse traballando na implantación dun novo contorno.

Esta nova paisaxe inclúe cinco áreas diferenciadas, sinaladas con distintas cores:

  1. Área laranxa: Situada na cara Sur e baixo árbores, é a zona ideal para a preparación do compost.
  2. Área amarela: Abrigada do vento do Norte e con lixeira inclinación cara ao Sur, é a zona de cultivo en bancal.
  3. Área verde clara: Pola súa situación relativa ao edificio e aos servicios, estará dedicada a instalacións de gandería (galiñas e ovellas).
  4. Área azul: Representa a situación das lagoas e cascadas para a depuración das augas residuais.
  5. Área verde escura: Está habilitada como reserva de biodiversidade e como cortaventos. Esta área, que está sendo deseñada por botánicos da Universidade de Santiago, contén plantas maioritariamente autóctonas.

A escola de Leboso

Escola "Rosalía de Castro” de Quintillán

A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, denominada Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundouse o 22 de outubro de 1922 como resultado "del entrañable amor a la tierra natal y el anhelo de ver desterrado de Galicia ese resto de vergüenza que se llama analfabetismo”. Con ese fin, a Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, parroquia de Quintillán. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois. Permanecía abandonada dende finais dos anos sesenta, e presentaba un estado deplorable debido a dita situación.

A escola "Rosalía de Castro” tamén contou coa axuda dos veciños, "que con una generosidad digna de elogio ofrecen el terreno necesario para el edificio en el sitio que la comisión cree conveniente y el acarreo de todos los materiales en la construcción, así como muchas maderas, todo completamente gratis”. A Sociedade convidou ao párroco de Leboso a bendecir a primeira pedra, e nomeou socio honorario ao que naquela altura era alcalde de Forcarei, "de origen dictatorial, delegado de Primo de Rivera” (), o que lle valeu as críticas da Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales en xaneiro de 1929 e a súa posterior retirada da mencionada Federación.

A Sociedade editou en 1923 unha publicación mensual coa cabeceira Umia y Lérez. Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, que foi dirixida por Pedro Campos Couceiro e Manuel Pichel.

Durante moitos anos foi a mellor escola da bisbarra, e nela cursaron estudos tódalas persoas de idade que actualmente viven na Parroquia de Leboso.

Dende hai anos, con motivo das concentracións escolares e da emigración masiva ás cidades da xente do rural na procura de traballo, Leboso e os seus arredores quedaron sen cativos. A escola foi abandonada e permaneceu pechada durante anos. É probable que puidera aguantar o abandono, pero unha mala restauración da cuberta fixo que ésta se derrubase e que o edificio entrase en fase de ruína.

Cando o Concello de Forcarei fixo a cesión da Escola, estaba medio oculta entre a maleza e practicamente nun punto de non retorno, a piques de derrubarse definitivamente por efecto dunha climatoloxía adversa.

Para máis información en FUNDACIÓN GALICIA VERDE

http://www.fundaciongaliciaverde.org




 

Nº de resultados:
1
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +