Observatorio Astronómico Público de Forcarei
O Concello de Forcarei, conta desde o ano 2008 co primeiro Observatorio Astronómico Público de Galicia. Ubicado a 3 quilómetros do núcleo urbán, en As Casetas, nunha parcela de 10.000m2 de superficie.
Conta na súa primeira fase, cun edificio de planta circular de 8 metros de diámetro, sobre o cal destaca a súa cúpula de 5 metros de diámetro e que alberga o telescopio principal; un telescopio de alta calidade de fabricación americana (RCOS) de 51 centímetros de diámetro, dotado coa máis alta tecnoloxía de maniobra e captación de imaxes, que o converten nun observatorio semiprofesional de altas prestacións, nun entorno cunha visibilidade e calidade do ceo excelentes.
A súa construcción foi cofinanciada con Fondos do Leades + Montes, por a Deputación de Pontevedra e por Caixanova. As instalación son xestionadas por a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3), que está formada por o Concello de Forcarei, Universidade de Vigo e Astrovigo.
O uso do observatorio ten pois dúas finalidades: divulgación e docencia entre a comunidade académica, aficionados a astronomía en xeral, e a investigación naqueles campos da astronomía na que é posible desenrolar observacións cun instrumento de potencia semellante.
Prevese nun futuro o desenrolo da fase dúas das instalacións, que pasará por a construcción dun segundo edificio de benvida ós visitantes e un pequeño planetario, que permitirá que as visitas diurnas coñezan non só a forma de traballar no observatorio astronómico, senón tamén desenrolar programas didácticos sobre os movementos celestes dos astros.
A instalación, en contínua mellora, grazas os esforzos do Concello de Forcarei, que mostrou o séu apoio incondicional a este proxecto, foi visitada por miles de persoas desde tódolos puntos de Galicia, en grupos ou de forma individual, incluso podéndose solicitar "tempos” a FC3 coa finalidade de desenrolar observación propias, co apoio dos operadores das instalacións.
Aínda que o OAF, está en contínua mellora das instalacións e melloras de servicios ós astrónomos visitantes e público en xeral, agora mesmo, xa son posibles todas as maniobras tanto da cúpula como do telescopio desde a sala de control.
O autoguiado, permite exposicións largas tanto para tomas científicas como estéticas (mostra das que se mostran a continuación), a monitorización dixital de temperaturas e focos, a conexión de banda larga que permite integrar o observatorio a rede de seguimenteo e búsqueda de NEOS, búsqueda e seguimento de SUPERNOVAS, e en definitiva de todos aqueles eventos astronómicos que requiran unha rápida resposta, son melloras conseguidas nos útlimos meses.
Como fito instalacións do OAF que se deben resaltar, temos que mencionar que desde o observatorio, conseguíronse as primeiras imaxes desde España do cometa Hartley 2 en octubre de 2010, e os primeiros seguimentos de varias supernovas grazas as melloras de funcionalidade introducidas, permitindo a obtención de imaxes dunha calidade excepcional, con unha destacable repercusión mediática.
Pódese encontrar información sobre o contido ou a forma de solicitar visitas guiadas ou tempos de observación na páxina da fundación FC3: http://www.fc3.es
INSTALACIÓNS
O edificio circular, conta na súa planta baixa dunha oficina de control completo do telescopio, un almacén/cuarto de servicio, un aseo e un cuarto de distribución eléctrica. É posible recibir nesta sala de control, e na cúpula a grupos de 20 persoas.
Na parte superior, onde se atopa a cúpula ( que está dotada de movementos de apertura e xiro), atópase o telescopio principal, sobre unha montura ecuatorial alemana que é capaz de contrarestar o movemento do ceo. Xunto ó aparato, atópase un armario onde están situados os equipos infomáticos que controlan todo o proceso.
EQUIPAMENTO
O telescopio principal, e un telescopio tipo Ritchey Cretien fabricado por a prestixiosa empresa americana RCOS, con unha abertura de 51 centímetros e unha distancia focal de 411 centímetros (f:8,1). Trátase dun tubo aberto en fibra de carbono para alixeirar o peso do conxunto e para permitir unha máis rápida aclimatación.
A maniobra do telescopio é executada por unha montura de fabricación americana de tipo Alemán, da marca SB Paramount (Modelo ME) que permite arrastrar con soltura os casi 70 kilogramos de peso con unha precisión de apuntado menor ó minuto de arco.
O detector do telescopio é unha cámara CCD modelo SBIG STL-11000 con 11 millóns de píxels de 9 micras e conversor A/D de 16 bits. Na cámara está incluída unha roda de filtros con cinco posicións, actualmente ocupados por filtros fotométricos do sistema Jhonson (UBVRI), o que permite fotometría de precisición con calidade aceptada para medicións científicas.
LOCALIZACIÓN
A localización xeográfica e:
Latitude: 42º 36' 38.3'' N
Lonxitude: 8º 22' 15'' O
Altitude: 670 m
CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS
O observatorio está ubicado a uns 3 km do núcleo urbán de Forcarei, sen afectar esto a calidade do ceo, pois o Concello de Forcarei puxo o máximo interés na elección adecuada das iluminarias públicas para que elo non mermara a excelente calidade do ceo que se dispón desde o observatorio.
A súa ubicación, na estrada que discorre cara a A Estrada, protexido por as diferentes estribacións de montaña das loxanas luces de Santiago de Compostela ó Norte, e Lalín ó Sur, confírenlle un horizonte de observación de moi bóa calidade. O acceso desde a estrada é adecuado para aparcar coches, e incluso un par de autobuses, e a súa ubicación xeográfica non supón un desplazamento especialmente longo desde calquer punto de Galicia.
VISITAS
Para unha mellor xestión do Observatorio e preciso solicitar as visitas a través do formulario de contacto que se atopa na páxina web da Fundación Ceo Ciencia e Cultura.
1