Concello de Forcarei
Escudo do concello de Forcarei
Inicio
Información
Ruta 1
Ruta 2
Enlaces
Descarga as audioguías
Audio da ruta 1
Audio da ruta 2

Sobre rutas MP3

Que é o proxecto Rutas mp3?
É un proxecto que xurde co obxectivo de dar resposta ás novas necesidades que os turistas demandan, solucións máis personalizadas, cómodas e rápidas.

Que se pretende con el? En que consiste?
O proxecto Rutas MP3 vai permitir que os visitantes que queiran coñecer Forcarei dispoñan dunha nova oferta turística innovadora e de calidade. Tratase de guías turísticas auditivas en formato mp3, que os usuarios poden descargar e reproducir en calquera reprodutor MP3:

  • ben en orixe, antes de iniciar a viaxe, a través desta páxina web
  • ben en destino, xa iniciada a viaxe, desde un ordenador na Casa do Concello

De onde xurde a idea?
O reprodutor MP3 resulta un gran compañeiro de viaxe, porque:

  • Xa é de uso habitual e existen millóns de unidades
  • Hai unha gran variedade deles, con capacidade moi diversa, e ademais,
  • O formato mp3 pode ser reproducido en teléfonos móbiles ou PDA

Este proxecto está liderado polo Concello de Forcarei xunto co asesoramento continuo do Axente Privado da Innovación, dhuman consultores. A concesión dunha axuda da Xunta de Galicia, dentro do programa: Concellos dixitais 2008-2009, que conta coa cofinanciación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional permitiu realizar o proxecto.

Cales son as principais características do produto?

  • As rutas están dispoñibles, en galego, castelán e inglés.
  • A través dun sistema de pistas o turista pode parar, adiantar ou rebobinar a grabación, sempre que o desexe, adaptándose ao seu ritmo.
  • A alta calidade dos contidos dos arquivos a descargar e a integración de todas as rutas nunha mesma web, confírenlle ao proxecto un carácter diferenciador.
  • Ademais de audio, dispós de información de apoio, como arquivos en formato GPX, compatible cos dispositivos GPS máis habituais no mercado.

Cantas rutas inclúe este proxecto?
O proxecto inclúe as seguintes rutas:

  • Ruta nº 1: As pontes do Lérez (PR-G 113)
  • Ruta nº 2: Sendeiro Natural Aciveiro-Candán (PR-G 100)

Cal é a dificultade media das rutas?
As rutas caracterízanse por ser de dificultade baixa e de fácil acceso.

Concello de Forcarei - Praza da Igrexa, 1 - 36550 - concello.forcarei@forcarei.net - Tel.: 986 755 036 Fax: 986 754 082