RUTAS MP3 - Concello de Forcarei - rutas mp3
 
     Galego Accesible  Galego  Castellano  English
Concello de Forcarei
Enlace a www.concellodeforcarei.es
Inicio
Información
Ruta 1
Ruta 2
Enlaces
Descarga as audioguías
Audio da ruta 1
Audio da ruta 2

Benvido


Rutas MP3: audioguías para coñecer Forcarei

O Concello de Forcarei ofréceche a oportunidade de percorrer algúns dos lugares máis fermosos do municipio dun xeito cómodo e sinxelo. Desde aquí podes acceder a unha audioguía para escoitar no teu reprodutor.

Sen restricións, ti elixes que visitar, que coñecer, onde deterte. Dun xeito diferente, adaptado ao teu ritmo, dámosche as pezas para coñecer un destino.

Ti elixes como, cando e a que ritmo queres coñecer Forcarei!

Ademais da ruta, vas atopar material de apoio para seguir sen problemas o percorrido. Nesta web podes atopar a seguinte información:

  • Audioguías en castelán, galego e inglés:
    • Ruta nº 1: As pontes do Lérez (PR-G 113)
    • Ruta nº 2: Sendeiro Natural Aciveiro-Candán (PR-G 100)
  • Mapas das rutas en diferentes formatos (PDF, GPX, KMZ y GPI), cos principais puntos de interese para guiarte e que non te perdas no teu percorrido
  • Historia, lendas, arte, anécdotas, gastronomía... todo o que necesitas escoitar para gozar da túa visita

Descarga o mapa das rutas e percorre a zona ao teu ritmo, co teu reprodutor mp3. Se prefires descargar as rutas in situ, so terás que achegarte á Casa do Concello de Forcarei. Alí disporás dun ordenador que che permitirá descargalas.

Sobre rutas MP3

Que é o proxecto Rutas mp3?
É un proxecto que xurde co obxectivo de dar resposta ás novas necesidades que os turistas demandan, solucións máis personalizadas, cómodas e rápidas.

Que se pretende con el? En que consiste?
O proxecto Rutas MP3 vai permitir que os visitantes que queiran coñecer Forcarei dispoñan dunha nova oferta turística innovadora e de calidade. Tratase de guías turísticas auditivas en formato mp3, que os usuarios poden descargar e reproducir en calquera reprodutor MP3:

  • ben en orixe, antes de iniciar a viaxe, a través desta páxina web
  • ben en destino, xa iniciada a viaxe, desde un ordenador na Casa do Concello

De onde xurde a idea?
O reprodutor MP3 resulta un gran compañeiro de viaxe, porque:

  • Xa é de uso habitual e existen millóns de unidades
  • Hai unha gran variedade deles, con capacidade moi diversa, e ademais,
  • O formato mp3 pode ser reproducido en teléfonos móbiles ou PDA

Este proxecto está liderado polo Concello de Forcarei xunto co asesoramento continuo do Axente Privado da Innovación, dhuman consultores. A concesión dunha axuda da Xunta de Galicia, dentro do programa: Concellos dixitais 2008-2009, que conta coa cofinanciación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional permitiu realizar o proxecto.

Cales son as principais características do produto?

  • As rutas están dispoñibles, en galego, castelán e inglés.
  • A través dun sistema de pistas o turista pode parar, adiantar ou rebobinar a grabación, sempre que o desexe, adaptándose ao seu ritmo.
  • A alta calidade dos contidos dos arquivos a descargar e a integración de todas as rutas nunha mesma web, confírenlle ao proxecto un carácter diferenciador.
  • Ademais de audio, dispós de información de apoio, como arquivos en formato GPX, compatible cos dispositivos GPS máis habituais no mercado.

Cantas rutas inclúe este proxecto?
O proxecto inclúe as seguintes rutas:

  • Ruta nº 1: As pontes do Lérez (PR-G 113)
  • Ruta nº 2: Sendeiro Natural Aciveiro-Candán (PR-G 100)

Cal é a dificultade media das rutas?
As rutas caracterízanse por ser de dificultade baixa e de fácil acceso.

Rutas

As pontes do Lérez (PR-G 113)
A ruta das Pontes do Lérez discorre paralela ao leito dun dos máis afamados ríos da provincia de Pontevedra: o Lérez. Cunha lonxitude total de 13,7 quilómetros, nas catro horas e media de percorrido poderás ver lugares cheos de historia, como o Mosteiro de Aciveiro, atravesar pontes cheas de lendas e misterio, mais sobre todo gozar das paraxes naturais que o Lérez vai esculpindo entre os bosques centenarios. Pontes, muíños, batáns e camiños son os alicientes desta ruta que de seguro que non te vai defraudar.

Descarga a audioguía Descarga o mapa en pdf e gpx Descarga o mapa coas imaxes para google earth en kmz Descarga o arquivo cos pois para un gps garmin compatible con mp3

Preme na imaxe para acceder á galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta.
Galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta 1

Rutas

Sendeiro Natural Aciveiro-Candán (PR-G 100)
Ruta circular de 15 quilómetros que parte do Mosteiro de Aciveiro para percorrer o contorno dunha paisaxe protexida: a serra do Candán. Durante 4 horas e media de percorrido, camiñaremos á beira do incipiente Lérez, para logo ascender ao curuto da Serra. Coñeceremos o hábitat destas duras terras e veremos diferentes pegadas do intento do ser humano por dominalas.

Descarga a audioguía Descarga o mapa en pdf e gpx Descarga o mapa coas imaxes para google earth en kmz Descarga o arquivo cos pois para un gps garmin compatible con mp3

Preme na imaxe para acceder á galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta.
Galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta 2

Enlaces

forcarei
fc3 (fundación ceo ciencia e cultura - observatorio de forcarei)
turgalicia
esgalicia (casas de turismo rural)
riasbaixas (páxina web de turismo nas rías baixas)
turismoenpontevedra
agarimo (turismo rural nas rías baixas)
infogalicia
turismogalicia
agalicia (páxina web da unión de profesionais do turismo)
galitursport (turismo activo)
turismourense (páxina web de turismo de ourense)
lugotur (páxina web de turismo de lugo)
balnegal (os mellores balnearios de toda galicia)
senderosdegalicia (rutas de sendeirismo por galicia)

Concello de Forcarei - Praza da Igrexa, 1 - 36550 - concello.forcarei@forcarei.net - Tel.: 986 755 036 Fax: 986 754 082