Currículum

Dende a sua fundación, os Armadanzas  realizan actuacións por toda a xeografía galega participando en festivais e concursos, tamén en programas da TVG como  o Luar .

Tamén teñen visitado festivais fora de Galicia, como por exemplo as “X Xornadas de Música e Tradicións” en Braojos de la Sierra- Madrid, ou o XI Festival Nacional de Folclore "Ciudad de Badajoz".

A pesar de que o obxectivo do grupo nunca foi a de participar en concursos de baile, sempre conseguiu premios en todos os concursos que se presentaron:

2º premio no concurso de baile tradicional “Cantigas e Agarimos” ano 2005.

2º e 1º premio no concurso de baile tradicional do concello de Negreira anos 2006 y 2008.

3º premio no concurso de parellas de baile “Santiaguiño do Monte” en Padrón ano 2008.

Colaboraron na grabación do CD-DVD “Pelo Gato 24”, producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e tamén no libro-DVD “Bailabén” un libro de auto-aprendizaxe do baile galego, producido por Edicións do Cumio.